martes, 9 de febrero de 2010

O Foro Europeo de Mulleres denuncia a falta de presencia feminina

Son máis, pero contan menos. É o que ocorre coas mulleres no mundo. Tamén na Unión Europea. A pesar do salto dos últimos 15 anos, os transcurridos dende a IV Conferencia Mundial sobre as Mulleres convocada por Nacións Unidas en Pekín, que marcóu unha axenda mundial para a igualdade real entre os dous sexos. A semana pasada, en Cádiz, Gobernos, asociacións, políticos e expertos fixeron balance do camiño andado polos 27 Estados membros dende a cita de 1995.
No haber do balance comunitario: o salto educativo (as europeas teñen unha presencia masiva nas aulas universitarias) e o avance nas instancias do poder político, aínda que a paridade queda lexos. Só tres dos 27 Estados membros teñen máis do 40% de parlamentarias e as mulleres ocupan unha de cada catro carteras ministeriais, según o informe de seguimiento de Beijing+15, realizado pola presidencia sueca e presentado o pasado xoves.
No debe: a escasa presencia feminina nos órganos de decisión económica, entre outras limitacións. As mulleres sólo ocupan o 11% dos asientos nos consellos de administración das empresas europeas (o 8,5% nas compañías do Ibex español). Supoñen o 3% dos conselleiros delegados das grandes firmas, a tenor do citado informe. A Súa coordinadora, Marianne Laxen, xa non se plantea denunciar a escasa presencia feminina, senon "a sobrerrepresentación masculina". "O varón é a norma", sentencióu ante un auditorio nada sorprendido. E iso pese a que as empresas que dan cabida a mulleres na súa dirección melloran os seus resultados económicos, según expuso a cazatalentos Eva Levy.
A ecuación é crara: nas crises se tende a reducir o gasto social, a limitar o Estado de bienestar, o gran aliado xunto coas medidas de discriminación positiva das sociedades máis igualitarias.
O mes que ven, en Nueva Iork e no marco de Nacións Unidas, revisarase, nun ámbito mundial, cál é a situación das mulleres 15 años despois da cumbre de Pekín. Probablemente alí, como xa ocurreu en Cádiz, se alcen voces en pro dunha nova conferencia planetaria sobre igualdade. Hai quen propón que se celebre nun país islámico.

No hay comentarios:

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas