viernes, 26 de octubre de 2012

ACTIVIDADES DO CONCELLO DE TEO CO GALO DO 25 DE NOVEMBRO

Co galo do 25 de novembro, o Concello de Teo vai a levar a cabo as seguintes actividades:


Xoves 8 de novembro ás 20:00 no local social da ramallosa, o grupo de teátro Chévere representará o seu espectáculo "I´ll we waching you". A entrada e de balde.

Venres 23 de novembro

- Ás 19:00 lectura do Manifesto Institucional

- Ás 19:15 Lectura de poemas contra a violencia de xénero a cargo de Patricia Guillerme Vázquez Vázquez

- Ás 19:30 obra de teatro co título "luces fora" da escritora Manjula Padmanabhan, a cargo do alumnado de 2 de bacharelato do IES de Cacheiras.

- Ás 20:30 presentación do video "A sociedade é o mellor recurso contra a violencia de xénero", onde se pon de manifesto parte da rede social do Concello de Teo contra esta lacra.

Durante a semana do 19 de novembro levaranse a cabo nos CEIPs do Concello e no IES, obradoiros de sensibilización co alumnado



PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas