viernes, 24 de febrero de 2012

ACTOS CONMEMORATIVOS DO 8 DE MARZO

SABADO, 3 DE MARZO: A partir das 19:30 no local sociocultural da Ramallosa. Concurso de tortillas- Os Tixolas. As fotografías serán feitas polo alumnado do IES de Cacheiras e tamén actuará a cantante SES.

XOVES, 8 DE MARZO: A partir das 19:30h, no salón de plenos do Concello de Teo: Lectura da declaración isntitucional. Mesa redonda: "O traballo das mulleres: as leiteiras de Teo". Intervenñen Luisa Múñoz, ana Calvo e Dora e Fina Abeijón, e tamén alumnado do IES de Cacheiras.

VENRES, 9 DE MARZO: A partir das 19:00, na casa común de Rarís: Festa das mulleres e das asociacións.

DOMINGO, 11 DE MARZO: Excursión ás termas de Outariz (Ourense) para mulleres maiores de 25 anos. Inscrición no teléfono 981809707 ata o 2 de marzo.

jueves, 23 de febrero de 2012

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

No DOG do mércores 15 de febreiro, saliron publicadas as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menore de tres anos para o ano 2012.
Poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas persoas que teñan fillos/as menores de tres anos a 1 de xaniero de 2012 e que, duranto o ano 2010, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas corresponde a este período, nin a tivesen presentada de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.
No caso de fillos/as adoptados/as ou acollidos/as entre o 31 de decembro de 2010 e o 31 de decembro de 2011, a prestación conderase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
A prestación consistirá nun pagamento único por cada fillo/a menor de tres anos, sendo a contía da prestación de 360 euros por cada fillo/a.

miércoles, 22 de febrero de 2012

ARABIA SAUDÍ VIOLA A CARTA OLÍMPICA; PROHIBE ÁS MULLERES PARTICIPAR NOS XXOO

http://http://www.redfeminista.org/Noticia.asp?ID=7404

Neste país so os homes poden facer educación física ou pertencer a clubs deportivos. A Carta Olímpica dí:
"A práctica do deporte é un dereito humán. Toda persoa debe ter a posibilidade de practicar deporte sen discriminación de ningún tipo e dentro do espíritu olímpico."
Arabia Saudí é un dos tres países do mundo que nunca enviaron unha atleta feminina as olimpiadas. Os outros dos países son Qatar e Brunei. Estes dous países non prohiben a participación das mulleres en deportes de competición e as súas atletas femininas formaron parte noutras competencias deportivas internacionais. Qatar anuncióu que ten previsto mandar atletas femininas aos xogos olímpicos de Londres 2012.

AS MULLERES GALEGAS PERCIBEN UN SALARIO MEDIO UN 23% INFERIOR AO DOS HOMES

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/mujeres-gallegas-perciben-un-salario-medio-un-23-inferior-hombres/idEdicion-2012-02-21/idNoticia-731952/

lunes, 13 de febrero de 2012

AS AZAFATAS DE MERIDIANA FLY OBLIGADAS A NON ENGORDAR POR CONTRATO

Según o reglamento interno, as azafatas desta empresa non poderán subir de peso "a menos que sexan xustificados por motivos de saúde, certificado por un médico". A esto úneselles o feito de que só poidan usar os uniformes das tallas 40 e 42 (que corresponden a 36 e 38 españolas). As afectadas tamén denuncian que as faldas son demasiado cortas e cunha abertura lateral excesiva.
As azafatas, cunha media de idade de 42 anos sinalan que esta medida é inadmisible por cuestións éticas, polos dereitos dos traballadores e por motivos físicos, dín que é " unha discriminación sexista que ofende á dignidade das mulleres".
A compañía xustifica estas demandas "para facer máis atractiva á aerolinea, propoñendo aos pasaxeiros asistentes de aspecto máis agradable".
As traballadores presentaron unha carta denunciando esta situación con máis de 400 firmas, incluídas as dos seus compañeiros masculinos, que se solidarizaron con esta situación.

O PERMISO DE PATERNIDADE

A Ley de igualdade de 2007 , supuxo unha ampliación do permiso de paternidade, acollemento ou adopción ata os 13 días. A súa disposición transitoria novena estableceu a obligatoriedade de extender esta licencia ata as catro semáns de duración, como moi tarde, antes de que a norma cumplise seis anos de vixencia.
O anterior presidente o 23 de decembro de 2010 pospuxo a entrada en vigor desta norma ata o 1 de xaneiro de 2012, alegando un aforro para o Estado de 200 millóns de euros. Agora a medida volve a conxelarse.
É posible a igualdade sen a corresponsabilidade?

O GOERNO QUERE UNHA REDE DE VOLUNTARIADO DE AXUDA A MULLERES MALTRATADAS

A Ministra de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade, Ana Mato, anunciou a súa intención de crear unha rede de voluntariado para mulleres maltratadas e os seus fillos e fillas. A Federación de Mulleres Progresistas está de acordo con esta rede, sempre e cando non supoña a desaparición de postos de traballo; é necesario que este colectivo esté atendido por persoal cualificado. A nova estratexia contra a violencia machista, incluirá tamén unha comisión interministerial composta polos ministerios de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade, Xusticia, Interior e emprego y seguridade social.
No terreno laboral promoverase un plan estatal de garderías nos centros de traballo para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, que incluirá incentivos fiscais para aquelas empresas que adopten medidas neste ámbito.
A reforma laboral contará cun plan de emprego para as mulleres que busca axudar aos 2,3 millóns de mulleres que están no paro.

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas