jueves, 24 de marzo de 2011


Aqui vos deixo o enlace a unha páxina da Consellería de Sanidade onde poderedes acceder a unha boa formación e gratuíta.
Unha aperta

lunes, 21 de marzo de 2011


Alumnado de 6 de primaria do colexio da Ramallosa nunha actividade celebrada no centro educativo co gallo do 8 de marzo, día da muller.











Más imaxes dos obradoiros de igualdade e autoestima do colexio de Calo.

jueves, 17 de marzo de 2011


DECÁLOGO SOBRE EDUCACIÓN SEXUAL
6.- A familia, a escola e a sociedade teñen que traballar de xeito intencional, mancomunada e coordinada na educación da sexualidade.
Non bastan os pais e as nais, non basta a escola. É preciso que toda a sociedade contribúa ao proceso educativo.Se o que fai a familia o contradice a escola, se o que fai a escola e a familia o destrue a sociedade, avanzarase moi pouco na boa dirección.
7.- A educación é un proceso que debe estar guiado fundamentalmente polo amor.
Se a educación é algo importante é porque ten que ver coa comunicación e se a comunicación é importante é porque ten que ver co amor. O amor non basta e está cheo de trampas (a sobreportección, o chantaxe afectivo, a dominación emocional...) pero sen o amor todo resulta problemático e perturbador.
8.- Existen sobre a sexualidade moitos mitos, estereotipos, errores e falsedades que a eduación contribúe a desmontar
É preciso distingir o coñecemento riguroso do que está adulterado por intereses comerciais, políticos ou relixiosos. A educación nos axudará a desvelar esas falsedades en aras dunha vida sexual máis feliz.
A educación axuda a descrubrir as pautas sexistas que están presetnes na linguaxe, no traballo, na política, na ensinanza, na relixión e na sociedade en xeral.
9.- A educación invita a facernos preguntas e a buscar con rigor, perseverancia e coraxe as respostas.
A duda é un estado incómodo. A certeza é un estado intelectualmente ridículo. Por iso, a educación conduce á incertidume, á interrogación, á busca. Temos dudas e capacidade de preguntar, de reflexionar. A sexualidade cambia coas culturas e cos tempos.
10.- Os medios de comunicación presentan modelos pola vía da seducción que a educación debe contrarrestar pola vía da argumentación.
A educación conleva unha visión crítica da realidade. A persona educada é capaz de discernir, de analizar, de criticar aquelas mensaxes que tratan de convencerle pola vía da seducción. Modelos de ser home ou muller, mensaxes comerciais, estilos de vida...
A educación, pola vía da reflexión e da argumentación, confiere ás persoas, a capacidade de discernir que é bo e qué é malo, qué coñecemento é riguroso e cal está dulterado por intereses de diversos tipos.

miércoles, 16 de marzo de 2011


O obradoiro de saúde afectivo-sexual que ía ter lugar mañán, queda aprazado ata novo aviso.
Moitas gracias.


A realidade dos xuzgados revela que a maioría das parellas que se separan pedirían a custodia compartida.
Dende o ano 2005 xa existía a custodia compartida, pero non foi ata este ano cando unha reforma do Código Civil a visibilizou. A día de hoxe segue a ser unha práctica pouco habitual e a custodia segue a atribuirse ás nais.
Unha das razóns do freno á custodia compartida é que a lei esixe aos dous proxenitores estar de acordo ou que haxa un informe do Ministerio Fiscal.
O fiscal delegado de menores en Galicia afirma que cada vez son máis os pais que a piden e que se houbese máis asesoramento o número aumentaría. Según o fiscal, un dos grandes problemas da custodía compartida, é a reticencia de moitas nais as pernoctas dos seus fillos e fillas na casa da súa ex parella.
A corresponsabilidade no coidado dos fillos e fillas é imprescindible para poder acadar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e o tema da custodia nos casos das separacións debe ser tratado en consecuencia.











Alumnado de 4 e 5 de primaria do CEIP de Calo nos obradoiros de autoestima e igualdade







Estos son algúns dos grupos do IES de Cacheiras de 1 da ESO que fixeron o taller de igualdade.

lunes, 14 de marzo de 2011


O xoves 10 de marzo, fixemos no salón de plenos do Concello de Teo, a mesa redonda que levaba por título: "Envellecemento, muller e dependencia: Nacidas para coidar?. A mesa estaba formada por Mª Jesús Loredo, avogada, Mónica Mella, traballadora social do Concello de Teo, e Esperanza Casas, médica do centro de saúde de Puente Vea.
O tema tratado provocou un debate moi interesante entre o público que acodeu o acto.
A mesa formaba parte das actuacións que o CIM está a levar a cabo nesta semana de conmemoración do 8 de marzo, día da muller.

viernes, 11 de marzo de 2011


Este sábado ás 18:00 horas teremos no salón de actos do Centro Sociocultural da Ramallosa o contacontos "O país dos mandóns", dentro das actividades que o CIM de Teo está a levar a cabo con motivo da celebración do 8 de marzo.
O contacontos está organizado pola Deputación da Coruña. A entrada é libre.
Contamos con todas e todos vos.

miércoles, 9 de marzo de 2011


Mañán temos no Salon de Plenos do Concello de Teo, a mesa redonda: ENVELLECEMENTO, DEPENDENCIA E MULLERES: NACIDAS PARA COIDAR?
Recordade que é as 19:30 e as ponentes serán: a avogada Mª Jesús Loredo, a médica do centro de saúde de Puente Bea Esperanza Casas e a traballadora social do Concello de Teo Mónica Mella.
Contamos coa vosa asistencia porque sabemos que moitas das persoas do Concello teñen algúnha persoa dependente ao seu coidado e vailles a resultar moi interesante esta información.


Elas tardan máis en acceder a un posto de traballo e o fan en condicións máis precarias.
Os datos evidencian unha caída do 0,7% no número de mulleres afiliadas á seguridade social na Comarca entre o ano 2009 e 2010. Entre as mulleres hai unha forte concentración de desemprego no sector servicios, xa que das 10.685 desempregadas rexistradas, 7231 están nese sector.
Entre os homes a contratación indefinida é dun 8,4%, mentras que entre as mulleres está nun 7,8%.

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas