miércoles, 29 de octubre de 2008


Onte presentouse na mediateca de Teo o programa de "Teo contra a violencia de xénero" subvencionado pola Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar de Galicia. O programa vai a consistir na elaboración dun video onde se aborde a problemática da violencia de xénero dende os seus comezos. A finalidade do proxecto é obter unha ferramenta útil para traballar no campo da sensibilización da poboación en xeral e da prevención no campo educativo. O video presentarase na semana do 25 de novembro.

No DOGA do 17 de outubro publicouse a orde do 9 de outubro de 2008 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación no ámbito do tratamento informativo da violencia de xénero en Galicia.
Poderán optar a estas bolsas todas as persoas que estéan en posesión do título oficial de licenciada/o en periodismo ou en comunicación audiovisual e telo obtido no ano 2003 ou con posterioridade, e estar en situación de desemprego ou solicitude de mellora de emprego.
As bolsas terán unha duración de 12 meses e a dotación económica non excederá de 13500€ anuais.
O prazo de presentación rematará 0 18 de novembro.

miércoles, 22 de octubre de 2008


O lúns 20 de outubro rematou o obradoiro de autoestima que se viña levando a cabo no Concello de Teo. As mulleres participantes amosaron a súa satisfacción polos resultados acadados e o seu interese por continuar traballando na mesma línea. Co obradoiro non so se traballou a propia autoestima de cada muller, senón tamén se lles proporcionou un xeito de mellorar a súa rede social e as relacións persoais entre elas.
Moitas gracias por participar e de seguro que repetimos a experiencia

martes, 21 de octubre de 2008



Dende o CIM vaise a poñer en marcha uns obradoiros formativos de educación para a saúde onde os temas a tratar serán os seguintes:

- As mulleres ante o consumo de dorgas

- Educación afectivo sexual

- Mellora persoal

- Alimentación e nutrición

- Educación para o consumo

Os obradoiros comenzarán en novembro e repetiranse por diversas parroquias do Concello. Para máis información chamade o CIM do Concello ó teléfono 981809707

Animádevos a participar, sodes as nosas protagonistas

jueves, 16 de octubre de 2008



Dende o mes de outubro se están levando a cabo os obradoiros de igualdade nos centros educativos dos Tilos, IES de Cacheiras e o CEIP de Calo. O alumnado destinatario dos mesmos é o de 4 de primaria nos centros de Calo e Os Tilos e de 1 de ESO no IES.Os obradoiros durarán 3 meses e lévanse a cabo un día a semana. O mesmo tempo que os obradoiros de igualdade, nos centros de educación primaria tamén se está levando a cabo os obradoiros de autoestima co alumnado de 6 de primaria.

jueves, 2 de octubre de 2008

Na prensa local do día de hoxe publicoúse que Santiago tendrá en 2009 un xuzgado exclusivo de Violencia sobre a Muller. A noticia di o seguinte:
"Por fin Santiago puede decir que la creación de un Juzgado de Violencia sobre la Mujer es una realidad y no una entelequia, una previsión o una promesa. Este nuevo tribunal está previsto que comience a funcionar durante el primer trimestre del próximo año y no sólo atenderá en exclusiva los casos de violencia de género de Compostela, sino también los de los tres partidos judiciales de la comarca, el de Padrón, Ordes y Negreira, según informaban ayer fuentes judiciales a EL CORREO.
El futuro tribunal cuenta ya con su correspondiente partida presupuestaria y todos los parabienes necesarios y sólo está a expensas del decreto de Ministerio de Justicia, un puro trámite que en ningún momento podría echar abajo el nuevo órgano judicial compostelano.
Hasta ahora los casos de violencia de género o de Violencia sobre la Mujer -título oficial del futuro tribunal- eran asumidos por los juzgados de Instrucción mixtos. La ampliación de la jurisdicción en este aspecto agilizará mucho el funcionamiento del resto de asuntos de los respectivos tribunales de Instrucción de toda la comarca compostelana, en especial en Santiago. "

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas