O 71% DAS INVESTIGADORAS DAS EMPRESAS OU DO SISTEMA PÚBLICO NON TEÑEN FILLOS NIN FILLAS.
Casi un 67% do persoal de ambos sexos que traballa no ámbito científico público ou privado non ten descendencia, e esta porcentaxe aumenta ata o 71% no caso das mulleres. A maioría dos e das traballadoras ven insuficientes as medidas de conciliación. unha de cada catro mulleres pensan que sexa posible que abandonen a súa carreira profesional por cuestións familiares, fronte a un 7% de homes que pensen que lles poida pasar esta situación.
A DISCRIMINACIÓN DA MULLER FAISE VISIBLE NA CIENCIA
As investigadoras galegas teñen maior formación que os homes pero peores contratos e soldos como consecuencia dos peores postos que ocupan. Os postos directivos están reservados nun 71% para os homes e un 62% dos becarios son mulleres.
Casi un 26% dos investigadores cobran máis de 2500 euros mensuais, porcentaxe que cae ata o 15,5% no caso das científicas. Polo contrario o 11% das mulleres perciben menos de 900 euros fronte a un 5% dos homes.
A secretaria xeral sontén que hai dous tipos de discriminación:
- A horizontal: Pola que as mulleres se concentran en disciplinas consideradas máis femininas
- A vertical: Nunha situación de igual formación, as investigadoras están nun nivel maís baixo na escala.
Esta semana comenzaron os obradoiros de igualdade no IES de Cacheiras. Estes terán unha duración de 6 semanas, sendo unha sesión por semana no horario de titorías. O alumnado ao que van dirixidos é o de 1 da ESO.
Tamén comezaron os obradoiros de igualdade e autoestima no colexio de Calo. O de autoestima impartirase en 5 de primaria e o de igualdade en 4. Ambolos doús terán unha duración de 6 semanas en sesións semanais.
Estes obradoiros repítense anualmente e entran dentro dos obxectivos plantexados dentro do II Plan de Igualdade do Concello de Teo, que foi presentado o pasado 25 de novembro e ten unha vixencia de 4 anos.
No DOG do 19 de xaneiro convocáronse as axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.
Para optar a estas axudas as mulleres deben de acreditar a súa condición de víctima de violencia de xénero, teer cesado a conviviencia co agresor dentro dos doce meses anterioress á data de presentación da solicitude, estar empadroada na Comunidade Atuónoma de Galicia e percibir uns ingresos mensuais iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente.
A cuantía das axudas vai a depender da situación persoal da muller pero con caracter xeral vai dende os 600 euros durante un máximo de doce mensualidades.
O prazo de presentación rematá o 31 de outubro de 2011.
Para máis información podedes acodir ao CIM de Teo.
O martes 18 de xaneiro, publicouse no DOG a resolución pola que se aproban as bases que rexirán as subvencións para o apoio ao emprendementeo feminino, o Programa Emega.
Estas axudas están orientadas a fomentar a posta en marcha de iniciativas empresariais feitas por mulleres e á mellora de proxectos empresarias liderados por mulleres.
A empresa debe estar creada por mulleres que estiveran desempregadas (3 meses antes ao inicio da actividade) e o inicio da actividade ten que ser entre o 1 de setembro de 2009 e o 19 de xaneiro de 2011.
Para máis información podedes acodir ao axente de emprego do Concello de Teo, Diego Viña.
O CIM
O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.