martes, 26 de junio de 2012

No BOE do 18 de xuño saen convocadas as axudas á pequena e mediana empresa e outras entidades para a elaboración e implantación de planes de igualdade, correspondentes ao ano 2012.
Poderán ser beneficiarias ás empresas, sociedades cooperativas, comunidades de béns, asociacións e fundacións de entre 30 e 250 traballadores e traballadoras que, no ámbito das relacións laborais, adopten por primeira vez un plan de igualdade tendente a alcanzar na súa organización a igualdade de trato e oportunidades entre homes e mulleres e a eliminar a discriminación por razón de sexo.

O prazo de presentación será de 20 días naturais contados a partid do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE, ata o 7 de xullo.

No BOP do 7 de xuño saen publicadas as bases reguladoras das subvencións a entidades promotoras da igualdade de xénero e asociacións que desenvolvan actividades no ámbito dos servizos sociais sen ánimo de lucro.
Serán beneficiarias destas axudas as entidades educativas, asociacións de pais e nais, asociacións promotoras da igualdade de xénero e asociacións que desenvolvan actividades no ámbtio dos servizos sociais, todas elas sen ánimo de lucro, con domicilio social no Concello de Teo e inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello de Teo.
As solicitudes presentaranse, no Rexistro Xeral do Concello no prazo de 30 días naturais, contados dende o día seguinte da publiciación das bases; ata o 7 de xullo de 2012.

lunes, 18 de junio de 2012

O vindeiro mércores 20 de xuño, na casa común dos tilos, teremos unha escola de nais e pais:
A COEDUCACIÓN NO ANO 2012. Abordaremos cómo é a realidade da educación dos nosos fillos e fillas, que podemos facer dende as nosas propias experiencias, para mellorar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
A charla comenzará ás 18:30 e será impartida por Chelo Cajide, psicóloga e directora do CIM de Teo.

martes, 12 de junio de 2012

No DOG do día de hoxe saen publicadas as axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á reducción da xornada de traballo.
Estas axudas están destinadas a aqueles homes que reduciran a súa xornada laboral entre o 1 de maio e o 31 de decembro de 2011 para o coidado do seu fillo ou filla menor de 3 anos ou de ata 12 se ten unha minusvalía igual ou superior ao 33%. A contía das axudas ven determinada polo tempo e pola reducción do horario de traballo.
O prazo de solicitude destas axudas remata o vindeiro 13 de xullo.

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas