martes, 13 de marzo de 2012



Estefanía, a avogada do CIM, recolleu o xoves 8 de marzo, día das mulleres, en Madrid, o premio Elisa Pérez Vera polo seu traballo sobre a imaxe da mullere no refraneiro popular galego. O 1 premio foi compartido por Ziortza Moreno, polo seu traballo do papel da muller no cine neorrealista italiano de Vittorio de Sica.

Elisa Pérez Vera foi a primeira muller en acceder a un rectorado universitario.

Os nosos parabéns!!!!!!

jueves, 8 de marzo de 2012



Alumnado de 1 da ESO do IES de Cacheiras durante a realización do obradoiro de igualdade.

Moitas gracias pola vosa participación!!!!!



OS NOSOS PARABÉNS NO DÍA DA MULLER!!!!!


No día de hoxe, ás 19:30 terá lugar no Concello a lectura da declaración institucional co gallo do 8 de marzo. A continuación comezará a mesa redonda " O traballo das mulleres: as leiteiras de Teo". Interveñen: Luisa Muñóz, profesora do departamenteo de Historia Contemporánea da USC. Ana Calvo, Dora e Fina Abeijón, con experiencias como leiteiras; e o alumnado do IES de Cacheiras.

O domingo iremos de excursión ás Termas de Outariz.

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas