viernes, 29 de enero de 2010



Onte as 20:00 tivemos unha reunión cas asociacións do Concello para dinamizar as actividades do CIM.
O noso obxectivo é manter un contacto activo cas asociacións, que conozcan as nosas actividades e que propoñan os seus intereses para organizar posibles actividades que lles interesen e estén dentro do noso campo de actuación.
A xuntanza foi moi satisfactoria xa que acadamos unha serie de compromisos de facer actividades en conxunto.
Moitas gracias por acudir a nosa chamada e esperamos que a coordinación cada vez sea maior.

lunes, 18 de enero de 2010

Unha ensinanza en igualdade de verdade podería salvar vidas
A ensinanza española protagoniza unha situación paradóxica: por un lado, o Goberno apela á educación para combatir a violencia de xénero pero, por outro, non pon os medios necesarios para erradicar o sexismo nas aulas.
Só fai falla ter contacto cos xóvenes para ver que aínda teñen uns prexuicios sexistas enormes, nalgúns casos escandalosos», sinalou. Poden ser dúas as raíces de tales prexuicios: «A influencia da televisión e a pasividade do sistema educativo, que non se decide a educar pola igualdade».
As personaxes femeninos en televisión son estereotipos dignos do pasado. «Hai dous tipos: ben nais amas de casa, ben chicas con un físico impresionante. Fora de ahí, as adolescentes non atopan outros referentes.
Nas aulas aínda se manteñe unha linguaxe sexista e non se fai visible o papel determinante das mulleres na historia.
Hoxe comenzamos no CIM cos obradoiros de igualdade e autoestima nos centros de educación infantil e primaria dos Tilos e de Calo. Os obradoiros terán unha duración de dous meses e se levarán a cabo en 4 e 6 de primaria.

martes, 12 de enero de 2010


Un total de 55 mulleres foron asasinadas este ano polas súas parellas ou ex parellas, cifra que supón 21 víctimas da violencia machista menos que en 2008, cando a 31 de decembro contabanse 76 falecidas, según os datos do Ministerio de Igualdade.
Do total de mulleres asesinadas, só a cuarta parte tiñan presentado denuncia e, delas, unha a retirou e as trece restantes solicitaron orden de protección. Aínda que o xuiz concedeu esta medida en once dos casos, tres mulleres acabaron renunciando a ela.
Deste modo, sólo seis das 55 asasinadas tiñan a cautelar en vigor no momento do asasinato e a metade delas consinteu que o maltratador quebrantara o afastamento impuesto por orden xudicial, según a estadística oficial actualizada a 29 de decembro.
En canto ao perfil das víctimas, seis de cada dez eran españolas fronte ó 36,4 por cento que procedían dotros países. O grupo máis numeroso de falecidas (16) tiña entre 31 e 40 anos de idade, aínda que tamén morreron este ano once mulleres que non tiñan cumprido aínda os 31 anos.
No momento do asasinato, 34 das 55 mulleres mortas convivían co criminal e, en 31 dos casos aínda mantiñan unha relación sentimental, fronte aos 24 crímenes que foron cometidos por ex parellas ou por maltratadores que se atopaban en proceso de ruptura.
Por nacionalidades, seis de cada dez víctimas mortales eran españolas fronte ao 36,4 por cento que procedían doutros países. Os asasinos, pola súa parte, eran nacionales en máis da metade dos casos e extranxeiros nun 43%. O 62% deless non intentóu suicidarse, pero oito o intentaron e trece, o conseguiron.
Este balance podría ser superior xa que o Ministerio de Igualdade aínda manten catro casos baixo investigación en espera de que se confirme que a desaparición das mulleres pode encuadrarse na tipoloxía da violencia machista. Trátase da desaparición de mulleres na Línea da Concepción (Cádiz), Lardero (A Rioxa), Xixón (Asturias) e Valencia.
Ata a publicación da última estadística, actualizada a 29 de decembro, a Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero computaba baixo investigación a morte da nena sevillana Marta del Castillo. Nembargantes, xa non se inclue no balance porque, según informaron fontes oficiais, dada a especial complicación deste caso os responsables da loita contra esta lacra social prefiren esperar a unha decisión xudicial que aclare a autoría. De confirmarse que se dan as circunstancias de un feminicidio machista, volverá a ser incluído no cómputo.

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas