lunes, 29 de agosto de 2011



A MAN INVISIBLE DO TRABALLO DOMÉSTICO




A nova normativa internacional sobre o traballo doméstico, aprobada recentemente polos 183 países que forman parte da OIT, constitué un feito sen precedentes pois por primeira vez aborda específicamente a un sector laboral no cal predomina a informalidade, e onde é frecuente a discriminación, a explotación e outros abusos.

O traballo doméstico realízase a porta pechada, na intimidade das nosas casas e iso fixo posible que se convertira nunha ocupación invisible, dificil de medir e de controlar. As estadísticas son difusas e con frecuencia non contan a quenes traballan por hora ou por día, a quenes non estéan rexistradas na seguridade social, ás inmigrantes indocumentadas nin ás nenas e nenos que traballan sen ter a idade permitida por lei.

A nova norma aprobada pola OIT, coñecida como convenio 189, establece que traballadoras e traballadores domésticos teñen os mesmos dereitos básicos que outras traballadoras e traballadores, que teñen dereito a xornadas de traballo razoables e descanso semanal de a lo menos 24 horas consecutivas, as condicións claras sobre as condicións laborais, a cobertura básica da seguridade social e o respeto dos dereitos laborais fundamentais.




martes, 16 de agosto de 2011




Igualdade inicia en setembro un servizo xurídico on line para mulleres víctimas de violencia de xénero.






O obxectivo deste servizo é facilitarlle as mulleres o coñecemento dos seus dereitos e axudarlles así a que adopten as decisións máis axeitas en cada momento.


O servicio xurídico on line permitirá ofrecer resposta en tempo real a consultas sobre lexislación, violencia de xénero, conciliación, dereito de familia, agresións ou acoso sexual, entre outras, asegurando a confidencialidade.


O novo sistema on line terá ademais funcionalidade de xerar un rexistro de información a partires dos datos relativos a cada consulta realizada, coa finalidade do seu posterior tratamento estadístico.


As consultas a través deste servizo poden ser complementarias ás que se prestan de xeito presencial nos 78 centros de información ás mulleres, CIM, repartidos por toda Galicia, garantindo o anonimato e a confidencialidade cando así o desexe a muller.


O servizo será accesible a través da páxina www.igualdade.xunta.es


martes, 9 de agosto de 2011



"MULLER, CUMPRE CO QUE CHE PIDA O TEU HOME, NON IMPORTA O QUE SEXA".


Seguindo ao Doctor Abdullah al Qarni, estrella da televisión de Arabia Saudí, a base da felicidade dunha muller é a sumisión ao seu home, a obediencia sen límites e evitar cualquier contaxio da muller ca sociedade occidental.

"Unha muller debe recibir con calidez ao seu home cando volte, non debe enoxarse se ven estresado ou canso. Pola contra, debe estar sempre lista para cumprir co que este lle pida, sen importar o que sexa".

Aínda que parece que en España é dificil atopar este libro, o Instituto da Muller afirmou que o investigará.

miércoles, 3 de agosto de 2011

Un total de 154 mulleres víctimas de violencia de xénero perciben axudas mensuais no primeiro semestre do ano.
Os importes oscilan entre os 300 e os 800 euros mensuais, en función da situación familiar e laboral das mulleres.
Estas axudas teñen unha duración máxima dun ano. As medidas de protección tomadas durante o primeiro semestre deste ano, 637, supoñen un descenso do 4,64% sobre as rexistradas no mesmo período do ano anterior, unha reducción que se produce como consecuencia da disminución no número de denuncias.
A liña de axudas económicas concedidas complétase con 14 mulleres que recibiron unha percepción en pagamento único, por acreditar insuficiencia de recursos e especiais dificultades para acceder a un posto de traballo e unha muller que percibíu un axuda en concepto de indemnización.
Complementariamente a estas axudas, a secretaría desenvolve anualmente programas de atención psicolóxica tanto para ás víctimas como para homes con problemas de control da violencia no ámbito da parella

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas