martes, 28 de abril de 2009



Dende o 27 de abril xa vos podedes anotar nos cursos do Proxecto Xiana que se van a realizar. Os cursos son un de atención sociosanitaria no domicilio e outro de monitores e monitoras de actividades de tempo libre.

Para poder acceder a estes cursos tendes que estar inscritas e inscritos como demandantes de emprego e ter a tarxeta de demandante de emprego actualizada. Por outra banda tendes que ser maiores de idade e estar empadroadas e empadroados en algún dos Concellos adheridos ó proxecto. Do mesmo xeito non poderedes ter ningún impedimento físico para realizar as funcións da profesión.

Para máis información podedes acodir á Axencia de Emprego do Concello.

viernes, 24 de abril de 2009



Na prensa de hoxe aparece publicada a noticia de que "a lei seca se cumple pero o botellón campa as súas anchas".

Asociado ao problema do botellón, aparece tamén o problema da "Escopolamina" (Tamén coñecida por burundanga), que é unha sustancia que ten o poder de suprimir a vontade das persoas, fai perder a memoria de todo o que sucede durante o tempo que dura o seu efecto. En España esta droga empléase frecuentemente para violar ás mozas. Aínda que na nosa terra non se coñecen moitos casos, é preciso que avisemos as nosas menores da súa existencia e da importancia que ten que vixien o que beben, xa que esta sustancia es botada nas bebidas e as mulleres non son conscientes de que a están tomando.

miércoles, 22 de abril de 2009



O vindeiro 6 de maio terá lugar na Casa Común de Oza un obradoiro de pequenas reparacións eléctricas no fogar. O obxetivo deste obradoiro é aportar uns coñecementos básicos para solventar aqueles pequenos problemas que se nos plantexan no día a día na nosa casa.

O obradoiro terá dúas horas de duración, de 18:00 a 20:00 da tarde. E gratuíto e para anotarse teredes que acodir o CIM no edificio de servicios sociais, dende hoxe ata o vindeiro 4 de maio.

Para máis información podedes chamar o teléfono do Concello 981 809707 e preguntar polo CIM ou por Chelo

martes, 21 de abril de 2009



O Observatorio de Violencia de Xénero fixo un balance dos tres anos e medio da aplicación da ley contra a violencia de xénero. Considera que a resposta ante un maltrato é mellor, máis rápida e efectiva aínda que todavía queda moito por facer. A vocal do CGPJ apostou por suprimir o alonxamento forzoso do agresor en tódolos casos previstos pola lei e deixar a adopción desta medida cautelar o xuiz encargado. Tamén considera que a formación dos xuices dos xuzgados de violencia de xénero sexa obligatoria, cando na actualidade é voluntaria.

jueves, 16 de abril de 2009



O pasado 3 de abril publicouse no DOGA as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagametno único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2009.

As persoas beneficiarias desta prestación son aquelas que teñan fillos ou fillas menores de 3 anos na data do 1 de xaneiro de 2009 (nacidos entre o 02-01-2006 e o 01-01-2009) e non teñan obriga de facer a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas.

No caso de que as fillas ou fillos sexan adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2007 e o 31 de decembro de 2008, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da inscripción da adopción ou do acollemento no Rexistro Civil.

O prazo para solicitar esta prestación remata o vindeiro 13 de maio.

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas