miércoles, 17 de septiembre de 2008

Estes videos reflexan unha realidade cotiá que moitas veces, por esta afeitas a ela, non a recoñecemos.

Gustaríanos que nos deixárades os vosos comentarios sobre os videos e si realmente é un sono ou unha realidade que pouco a pouco vaise trocando en máis igualitaria para mulleres e homes



Xa rematou o I Trivial da Igualdade do CIM de Teo. Aínda que a participación a través da rede é aínda baixa, as persoas que participaron demostraron ter uns bos coñecementos sobre a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. O obxectivo final era mellorar estes coñecementos e motivar a cidadanía do Concello para adentrarse nesta temática.

Unha vez acadado este obxectivo, nos vindeiros días poñeremos en marcha outra iniciativa que esperamos sexa do voso agrado.

Moitísimas gracias a todas e todos por participar.

lunes, 8 de septiembre de 2008



Dende a fundación mulleres ofértanse cursos de formación on-line e semipresencial gratuítos. Os cursos son: Creación de empresas, administración de empresas, técnicas de comunicación y negociación, gestión económico-financiera, atención á clientela e un taller de comunicación e negociación bancaria.

Para máis información podedes acceder á páxina www.fundacionmujeres.es

jueves, 4 de septiembre de 2008



O CIM xunto ca aula de informática do Concello de Teo, vai a organizar no mes de outubro, unha serie de cursos e obradoiros que xiran en torno á informática e internet. Estas actividades están orientadas principalmente ás mulleres maiores de 16 anos do Concello. Trátase de potenciar o acceso ás novas tecnoloxías por parte das mulleres, xa que é unha ferramente imprescindible para mellorar a incorporación das mulleres ao mercado laboral.

Os cursos levaranse a cabo en sesións de mañá e tarde e a maioría deles serán de caracter gratuíto.

Para máis información dirixirse á aula de informática ou no propio CIM do Concello

miércoles, 3 de septiembre de 2008

A CIDADE VIRTUAL DA IGUALDADE


Dende o CIM de TEO estamos a crear unha cidade virtual da igualdade. Para poder incrementar a poboación e a prestación de servizos, é preciso que entredes na páxina. Tamén podedes deixar as vosas impresións e escribir mensaxes. Animádevos e entre todas e todos faremos posible a construcción desta gran cidade na que todas e todos desexaríamos vivir.
Gracias pola vosa participación.

martes, 2 de septiembre de 2008



No DOGA do 1 de setembro publicouse a orde do 31 de xullo de 2008 pola que se regulan as subvencións para a cobertura do custo de procesos de mediación familiar en Galicia.

As parellas en proceso de separación ou conflito poderán solicitar axudas de mediación familiar de ata 360 euros para cubrir os costes deste servicio. Poderán beneficiarse desta axuda as persoas residentes en Galicia unidas por vínculo matrimonial ou que formen unha unión estable de parella, que se atopen en situación de separación, divorcio ou nulidade matrimonial ou ben ruptura da parella, así como en conflitos de convivencia.

As axudas poderán solicitarse ata o 31 de outubro

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas