jueves, 26 de junio de 2008

No DOGA do 24 de xuño saleu publicada a resolución do 18 de xuño de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas e subvencións dirixidas a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas destinados á promoción e á formaicón de mulleres e se preocede á súa convocatoria.
As destinatarias destas axudas son as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que cumpran as obrigas e requisitos exixidos nesta resolución.
O prazo para a presentación de solicitudes rematará o vindeiro 25 de xullo

miércoles, 25 de junio de 2008

PROGRAMA EMEGA



No DOGA do 24 de xuño publicouse a resolución do 13 de xuño de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións para o apoio ao emprendemento feminino como fórmula de loita contra a discriminación no mercado de traballo.

Hai dúas liñas básicas de actuación para mulleres que fomenten a creación de postos de traballo ou ben desempregadas que se establezcan como autónomas.

O prazo de presentación rematará o vindeiro 25 de xullo

lunes, 16 de junio de 2008

TRIVIAL DA IGUALDADE


O vindeiro luns 23 de xuño, dará comenzo o I Trivial da igualdade organizado polo CIM de Teo.
O Trivial da igualdade é unha iniciativa que consiste nun xogo de preguntas e respostas sobre a igualdade entre mulleres e homes. O xogo ten a intención de promover a igualdade de oportunidades así como a de sensibilizar e educar á poboación en materia de igualdade.
O xogo terá tres áreas temáticas: Violencia de xénero, políticas de igualdade e conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
As bases do xogo publicaránse no blog o longo desta semana.
Entre as persoas gañadoras sortearase unha cesta de productos de baño (foto).
Para poder acceder ás preguntas o enlace é o seguinte: www.trivialdaigualdade.blogspot.com



O martes 10 de xuño saleu publicado no DOGA a Orde do 29 de maio pola que se regulan as axudas económicas para atención da primeira infancia a través do cheque infantil en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos e se procede á súa convocatoria.

O prazo de presentación rematará o vindeiro 10 de xullo.

O mércores 11 de xuño rematou o curso de movilizacións de pacientes impartido pola Cruz Roxa no colexio da Ramallosa. As participantes amosaron unha grande satisfacción polos coñecementos acadados.

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas