domingo, 30 de mayo de 2010


O pasado mércores 26 tivo lugar no Concello a presentación por parte de Gaela, a empresa que se vai a facer cargo da redacción do II plan de igualdade, do proxecto de traballo para a elaboración do plan.
A reunión acudiron os diferentes grupos políticos e amosaron o seu interese e a súa disposición a colaborar na súa elaboración.

martes, 25 de mayo de 2010


Este lúns saleu publicado no DOGA a convocatoria das axudas establecidas no artigo 27 da lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.
O prazo de presentación de solicitudes comezará o 25 de maio e rematará o 30 de novembro de 2010. O importe desta axuda será, con carácter xeral, equivalente a 6 meses do subsidio por desemprego vixente, pero hai diferentes situacións:
- O importe será o equivalente a 12 meses cando a vitima tivese a cargo un familiar ou menor acollido/a ou cando a vítima sen responsabilidades familiares, tivese unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
- O importe será o equivalente a 18 meses de subsidio por desemprego cando a vítima tivese ao seu cargo dous ou máis familiares ou menores acollidos/as, ou un familiar e un menor acollido/a ou cando a vítima tivese ao seu cargo un familiar ou menor acollido/a e unha discapacidade igual ou superior ao 33% ela ou a persoa dependente.
- O importe será o equivalente a 24 meses de subsidio por desemprego cando a vítima tivese ao seu cargo dous ou máis familiares ou menores acollidos/as, ou un familiar e un menor acollido/a e unha discapacidade igual ou superior ao 33% ela ou algunha das persoas dependentes, ou cando a vítima con responsabilidades familiares ou o familiar ou menor acollido/a con quen conviva tivese recoñecido oficialmente un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
Para máis información podedes acodir ao cim de Teo

lunes, 24 de mayo de 2010


No DOGA do 24 de maio de 2010 saleu publicada a resolución do 18 de maio pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionimso e a participación das mulleres.
As axudas poden ser solicitadas polas asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia, sen ánimo de lucro, legalmente constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002 do 22 de marzo.
Tanto no caso das asociacións como das federacións as mulleres socias representarán, polo menos, o 90% da totalidade das persoas asociadas
A finalidade desta axuda é fortalecer e consolidar o movemento asociativo de mulleres, por ser elemento indispensable na promoción da igualdade de oportunidades, establecendo unha linea de apoio ao seu mantemento e funcionamento entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2010.
O prazo para solicitar esta axuda remata o vindeiro 25 de xuño de 2010

martes, 18 de mayo de 2010


No DOGA do 11 de maio de 2010 publicouse a resolución do 7 de maio de 2010, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.
Poderán solicitar estas estadías mulleres que:
- Con fillos ou fillas entre 2 e 12 anos
- Estean domiciliadas na Comunidade Autónoma Galega e no caso de mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.
- Dispoñer dunha renda que, tendo en conta todos os ingresos do conxunto da unidade familiar, divididos polo número de membors que a compoñen, non supere o salario mínimo interprofesional (SMI)
- Non padecer ela, nin os fillos ou fillas que a acompañen, enfermidade que requira illamento e/ou que impida a nomal convivencia.
O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 12 de xuño de 2010.
Para máis información podedes acodir ao CIM ou preguntar por Chelo

miércoles, 12 de mayo de 2010


OBRADOIRO DE RISOTERAPIA
Onte rematamos o obradoiro de risoterapia que se levou a cabo xunto coas asociacións Cruceiro do Monte e Baiuca.
O obradoiro levouse a cabo os días 4,5 e 11 de maio e as mulleres que participaron nel conseguiron descubrir algúns dos beneficios da risa.
Con este obxectivo o que se pretende entre outros obxectivos é rirnos de nos mesmas, coas demais e non das demais persoas, recoñecendo a risa como ferramente para lograr un mellor desenvolvemento persoal.
Moitas gracias a todas por acodir.


O goberno anuncia que a partires do 1 de xaneiro de 2011 suprimirá o cheque bebé de 2500 euros.

lunes, 10 de mayo de 2010


NO DOGA de hoxe saleu a orde do 3 de maio de 2010 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamenteo único por fillas e fillos menores de 3 anos para o ano 2010.
Poderán beneficiarse desta axuda aquelas persoas que teñan un fillo ou filla menos de 3 anos a 1 de xaneiro de 2010 e que nin a persoa solicitante nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas. Deberán residir en Galicia.
A contía da prestación é de 360 euros e o prazo para solicitala remata o vindeiro 21 de xuño.

viernes, 7 de mayo de 2010


Durante os meses de maio e xuño, dende o CIM vanse a levar a cabo unha serie de obradoiros e charlas en colaboración con distintas asociacións do Concello.
De momento estanse realizando dous obradoiros de risoterapia, un na asociación recreativa e cultural dos Tilos, os días 3,10 e 24 de maio de 17:30 a 19:30 e outro cas asociacións de veciños do Cruceiro de Monte e Baiuca, os días 4,5 e 11 de maio de 18:00 a 20:00. O seguinte obradoiro será ca asociación de Teenses pola Igualdade os días 7,15 e 21 de xuño.
Do mesmo xeito o vindeiro 11 de xuño levarase a cabo unha charla sobre educación para a saúde con mulleres en colaboración ca asociación de veciños "O castro", na charla participará o Xinecólogo Ramón Cajide Montero. A charla será aberta a toda a veciñanza.
As actividades continuarán con outras asociacións ao longo do ano

jueves, 6 de mayo de 2010


OBRADOIRO DE RISOTERAPIA
Os vindeiros 31 de maio e 1 e 8 de xuño imos a levar a cabo, dende o CIM de Teo un obradoiro de risoterapia. O horario é de 18:00 a 19:30 na Ramallosa. E gratuíto.
Os obxectios xerais desde obradoiro son:
- Crear situacións lúdicas qeu nos dispoñan para a estimulación física e emocional do sentido do humor e da risa.
- Rirnos de nos mesmas, coas demais recoñecendo a risa como ferramenta para lograr un mellor desenvolvemento persoal.
- Incentivar en cada muller a busca de recursos e novas estratexias de afrontamento positivo que faciliten unha mellor actitude e abordaxe do seu devir vital.
Para máis información chamade ao cim e preguntade por Chelo
Animádevos

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas