viernes, 26 de febrero de 2010


A asociación de mulleres juristas Themis, la federación de asociacións de mulleres separadas e divorciadas e a fundación mulleres, destacan que o dia de onte, no que se aprobou a lei de salud sexual e reproductiva e interrupción voluntaria do embarazo, foi un día para festexar.
A presidenta da federación de asociacións de mulleres separadas e divorciadas dixo que hai moita xente que se opón ao aborto pero que pola contra están moi satisfeitos ca guerra ou que están pedindo a pena de morte, o que na súa opinión resulta incomprensible.
A presidenta de Themis dixo que espera que a lei serva a un dos seus principais obxectivos que é mellorar a educación sexual e reproductiva e reducir con elo o número de interrrupcións do embarazo e que serva para terminar coas situacións de inseguridade xurídica que viñan afectando a mulleres e profesionais da mediciña.

No hay comentarios:

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas