Hoxe comenza un obradoiro de linguaxe non sexista orientado ao persoal do Concello de Teo. Dende o CIM do Concello de Teo sabemos que a linguaxe é un fiel espello da sociedade, polo que coa formación en linguaxe non sexista, pretendese achegar ós e ás profesionais recursos e criterios para eliminar o sexismo lingüístico, sen deixar de reflexionar sobre o emprego da linguaxe formal e coloquial.
O seminario terá unha duración de 4 horas e realizarase nos seguintes días do mes de febreiro:
- 2,4,9 e 11 en horario de 14:00 a 15:00
OBXECTIVOS
- Crear un espazo de reflexión acerca da repercusión e influencia do sexismo social sobre a linguaxe.
- Achegar criterios e recursos lingüísticos para actualizar, modernizar e democratizar a linguaxe empregada en contextos profesionais.
- Analizar a linguaxe sexista en diferentes ámbitos da Administración
- Reforzar a idea de que a igualdade lingüística é indispensable para lograr a igualdade social.
- Concienciar da importancia de evitar calquera tipo de discriminación por cuestión de sexo, centrándonos no aspecto referido á linguaxe, tanto formal coma coloquial, nos espazos de interrelación.
En xeral o persoal do Concello amósase participativo da actividade e interesado pola mesma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario