Obradoiro de educación para a saúde
O vindeiro día 9 dará comezo no Concello de Teo o obradoiro de educación para a saúde. Terá unha duración total de 10 horas e o horario é os días 9,10,11,16 e 17 de 17:00 a 19:00 na antiga aula de informática na Ramallosa.
Os obxectivos que se pretenden son os seguintes:
- Introducir o concepto de saúde e afondar na súa importante vinculación coas vidas das persoas.
- Educar en hábitos de coidado do propio corpo
- Aprender a comprender a sexualidade
- Desfacer falsas creenzas en temas de educación afectivo sexual
e drogodependencias.
Para anotarse tendes que acodir ao CIM de Teo no edificio sociocultural da Ramallosa. O obradoiro é totalmente gratuíto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario