viernes, 13 de febrero de 2009


Hoxe rematou en Santiago o I Congreso Nacional de Violencia de Género y salud celebrado no Palacio de Congresos de Santiado de Compostela dende o mércores 11 de febreiro. Na inaguración a Vicepresidenta do Goberno, Mª Teresa Fernandez de la Vega anunciou que o goberno aprobará un fondo de 5 millóns de euros para que as mulleres víctimas de maltrato reciban a asistencia social integral a que teñen dereito. Do mesmo xeito o Presidente da Xunta afirmou que este mesmo ano habilitarase un Fondo Gallego de Garantía de Indemización para cubrir o impago das indemnizacións establecidas xudicialmente a favor as mulleres maltratadas.
O remate do congreso redactarase un manifesto que constitúa unha declaración de intencións sobre a violencia de xénero.
É un avance a realización de este congreso e a masiva participación, unhas 1500 persoas según a organización.
Moitas gracias a todas as persoas que participaron e que nos ensinaron as súas investigacións e conclusións.

miércoles, 11 de febrero de 2009


O vindeiro fin de semana no Concello de Santiago vai a ter lugar o primeiro encontro no que se convide a xuventude a potenciar as súas habilidades profesionais. O perfil de idade é dos 16 aos 20 anos.
O prazo de inscrición, que é gratuíto,estará aberto ata mañá xoves
O evento traerá ata o Palacio de Congresos para impartir relatorios a personaxes tan coñecidos coma o adestrador e comentarista Jorge Valdano ou o presentador e actor Dani Mateo. O primeiro pronunciará unha conferencia sobre como "Facer equipo e poñerse ao fronte", mentres que o segundo falará acerca de "A comunicación na sociedade de masas".
Mantente enFORMAción está aberto a calquera interesado en potenciar as súas habilidades laborais e profesionais, se ben está dirixido principalmente a mozos de entre 16 e 20 anos e aos seus educadores. A inscrición no evento pode facerse a modo individual ou como membro dun centro educativo. Cada participante deberá asumir un rol de equipo co que integrarse nas distintas dinámicas: titor, capitán, xogador ou creativo.

viernes, 6 de febrero de 2009



O vindeiro 5 de marzo comeza no Concello de Teo un curso de educación para a saúde organizado polo CIM. O curso terá unha duración de 20 horas e terá tres grandes bloques temáticas.

- Bloque 1: Educación para a saúde: No que se traballarán conceptos básicos, os determinantes da saúde e as estratexias de educación para a saúde.

- Bloque 2: Educación afectivo-sexual: No que se traballará sobre conceptos básicos, organos sexuais e métodos anticonceptivos, enfermidades de transmisión sexual e recursos para a xuventude.

- Bloque 3: Prevención de drogas: No que se falará sobre as drogas, as actitudes cara elas, as expectativas e aprobación percibida e drogas e xénero.

O curso levarase a cabo na casa común de Rarís os días 5, 6. 12, 13 e 26 de marzo en horario de 16:00 a 20:00 e será gratuíto.

O prazo para inscribirse xa está aberto e rematará o 27 de febreiro. Para anotarse tendes que acudir o CIM en horario de mañá.

jueves, 5 de febrero de 2009



O novo presidente dos EEUU, Barack Obama, firmou a lei que garantiza que a igual traballo debería haber igual paga, ao marxen de xénero, raza, relixión ou idade.

A historia nos dí que Ledbetter, unha supervisora de planta da empresa Goodyear en Alabama durante 19 anos, cando estaba preto da xubilación, enterouse de que estaba cobrando moito menos que os seus compañeiros homes por facer o mesmo traballo. Esta muller denunciou á empresa e ainda que en primeira instancia gañou e tíñanlle que pagar máis de 200.00 dólares, recurrison ao Tribunal Supremo e este fallou en contra da muller, proque según a lei de 1964 de Dereitos civís, a reclamación a tiña que ter presentada nos 180 días dende que comenzou a situación de desigualdade. Agora, a nova lei di que estos 180 días son válidos mentras a desigualdade se manteña.

É un dato moi importante que unha das primeiras leis que firma o novo presidente dos EEUU, loita contra a discriminación de xénero no traballo.

Os nosos parabéns Sr. Obama

miércoles, 4 de febrero de 2009

Ainda que parezca que xa nada nos pode sorprender, sucede. Na prensa de hoxe podemos atopar unha noticia na que se día que un home foi acusado de maltratar a súa muller e aos seus 5 fillos durante 27 anos. Durante os anos de matrimonio as palizas que sufreu a muller foron constantes e cando naceron as súas catro fillas e un fillo tamén. Na noticia relatan algún dos episodios violentos e as situacións que tiveron que soportar. Por poñer un exemplo din que os fillos non podían abrazar nin sentarse do regazo da nai, e cando o pai os vía, lles pegaba. Como en todas as situacións de maltrato, aos maltratadores non lle fai falla una razón para pegar ou insultar, eles teñen as súas propias. O único fillo varón tamén sufreu as súas palizas sen motivos. Poñen coma exemplo que dous dos seus fillos marcharon da casa cando cumpliron os 18 anos. O home ten na actualidade 54 anos e os malos tratos comenzaron cando tiña 27 anos.
Agora a xustiza actúa porque a muller decideuse a denuncialo pero ¿non sería moito mellor para todos que non tivera aguantado esta situación? Temos que concienciarnos de que esta realidade témola que cambiar, non poden existir mulleres que teñan que aguantar esta situación cas graves consecuencias que isto conleva. Aquí é donde o papel da educación paréceme importantísimo e todas e todos debemos implicarnos.

lunes, 2 de febrero de 2009

A Audiencia de Sevilla condenou a un home por maltratar habitualmente a súa muller a 21 meses de cárcere e a outros 21 máis por maltratar ao seu fillo. Os malos tratos físicos e psicolóxicos comenzaron co nacemento da súa terceira filla, pero a muller non o denunciou por medo a represalias e para protexer ós seus fillos. A denuncia fixéronna os seus veciños nunha pelea que tivo lugar no nadal do 2003.
O fillo era sometido a continuas peleas e lle obligaba a vestirse ca falda da nai e o amenazaba con levalo así o colexio. O neno sufreu enuresis nocturna e terrones nocturnos durante moito tempo.

viernes, 30 de enero de 2009


A Xunta de Galicia a través do SGI ven de crear un servicio co fin de traballar na loita contra a discriminación entre mulleres e homes no eido laboral e formativo.
O servicio está orientado ao asesoramento das mulleres que desexen levar a cabo unha actividade empresarial para conseguir a súa integración laboral.
A páxina web EMEGA pretende ser unha fonte de recursos e asesoramento personalizada para as mulleres emprendedoras.
Tamñen existe un número de teléfono o 900306060 de asesoramento gratuíto de lúns a venres de 9:00 a 14:00. As dúbidas serán respondidas nun prazo máximo de 24 horas.
A páxina é a seguinte: http://www.redeemega.eu/

miércoles, 21 de enero de 2009



No BOE do mércores 10 de decembro de 2008, publicouse o Real Decreto 1917/2008, de 21 de novembro, polo qeu se aproba o programa de inserción sociolaboral para mulleres víctimas de violencia de xénero. O obxectivo deste real decreto é a aprobación dun programa de inserción sociolaboral para mulleres vícitmas de violencia de xénero, inscritas como demandantes de emprego.

Algunas das medidas de actuación son:

-Itinerario de inserción sociolaboral, individualizado e realizado por persoal especializado.

-Programa formativo específico para favorecer a inserción sociolaboral por conta allea.

- Incentivos para favorecer o inicio da nova actividade por conta propia.

- Incentivos para as empresas que contraten a víctimas de violencia de xénero.

- Incentivos para facilitar a movilidade xeográfica

Según o Real Decreto, as Administracións Públicas competentes en materia de emprego, establecerán puntos de atención ás vítimas de violencia de xénero, nos que a atención que se preste a ditas mulleres será especializada e confidencial.





O luns 19 a secretaría xeral da igualdade presentou unha nova aplicación informática creada en colaboración coa Consellería de Industria para evitar a linguaxe sexista nos textos administrativos. A aplicación chámase Exeria e pretende ser un diccionario e glosario lingüístico de linguaxe non sexista que detecte sesgos de xénero nos documentos admistrativos e ofrezca hasta 5 alternativas de cambio que se realizarán no momento.

A nova aplicación xa está disponible na dirección: http://www.exeria.net dende a cal se pode descargar de xeito gratuíto

martes, 20 de enero de 2009



No correo de hoxe publicouse que aumentaron as denuncias por violencia de xénero e aínda que todavía son as mulleres as que maioritariamente denuncias, as denuncias presentadas por familiares aumentaron un 116%. Das 70 mulleres mortas por violencia de xénero no 2008, os casos donde existía orde de protección en vigor descendeu dun 23,5% ata un 14,3%. Atendendo as características da convivencia, apréciase un descenso significativo entre as falecidas con parella ou en convivencia, e un incremento en aquelas nas que había ruptura da relación.

Os asasinatos por arma blanca supoñen o 53,6% dos casos. O 44% eran mulleres extranxeiras mentras que o 80% tiñan unha situación regularizada.

En Galicia foron 6 as mulleres mortas durante o 2008 a máns da súa parella ou ex parella sentimental. Cada vez son máis as denuncias destes casos pero aínda queda moito camiño por percorrer. PARA QUE NON MORRAN MÁIS MULLERES COMO CONSECUENCIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO É PRECISO QUE SE IMPLIQUE TODA A SOCIEDADE.

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas