O vindeiro fin de semana no Concello de Santiago vai a ter lugar o primeiro encontro no que se convide a xuventude a potenciar as súas habilidades profesionais. O perfil de idade é dos 16 aos 20 anos.
O prazo de inscrición, que é gratuíto,estará aberto ata mañá xoves
O evento traerá ata o Palacio de Congresos para impartir relatorios a personaxes tan coñecidos coma o adestrador e comentarista Jorge Valdano ou o presentador e actor Dani Mateo. O primeiro pronunciará unha conferencia sobre como "Facer equipo e poñerse ao fronte", mentres que o segundo falará acerca de "A comunicación na sociedade de masas".
Mantente enFORMAción está aberto a calquera interesado en potenciar as súas habilidades laborais e profesionais, se ben está dirixido principalmente a mozos de entre 16 e 20 anos e aos seus educadores. A inscrición no evento pode facerse a modo individual ou como membro dun centro educativo. Cada participante deberá asumir un rol de equipo co que integrarse nas distintas dinámicas: titor, capitán, xogador ou creativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario