Ainda que parezca que xa nada nos pode sorprender, sucede. Na prensa de hoxe podemos atopar unha noticia na que se día que un home foi acusado de maltratar a súa muller e aos seus 5 fillos durante 27 anos. Durante os anos de matrimonio as palizas que sufreu a muller foron constantes e cando naceron as súas catro fillas e un fillo tamén. Na noticia relatan algún dos episodios violentos e as situacións que tiveron que soportar. Por poñer un exemplo din que os fillos non podían abrazar nin sentarse do regazo da nai, e cando o pai os vía, lles pegaba. Como en todas as situacións de maltrato, aos maltratadores non lle fai falla una razón para pegar ou insultar, eles teñen as súas propias. O único fillo varón tamén sufreu as súas palizas sen motivos. Poñen coma exemplo que dous dos seus fillos marcharon da casa cando cumpliron os 18 anos. O home ten na actualidade 54 anos e os malos tratos comenzaron cando tiña 27 anos.
Agora a xustiza actúa porque a muller decideuse a denuncialo pero ¿non sería moito mellor para todos que non tivera aguantado esta situación? Temos que concienciarnos de que esta realidade témola que cambiar, non poden existir mulleres que teñan que aguantar esta situación cas graves consecuencias que isto conleva. Aquí é donde o papel da educación paréceme importantísimo e todas e todos debemos implicarnos.
miércoles, 4 de febrero de 2009
Etiquetas:
violencia de xénero
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
educar os nosos fillos e fillas
O CIM
O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario