viernes, 21 de enero de 2011


Esta semana comenzaron os obradoiros de igualdade no IES de Cacheiras. Estes terán unha duración de 6 semanas, sendo unha sesión por semana no horario de titorías. O alumnado ao que van dirixidos é o de 1 da ESO.
Tamén comezaron os obradoiros de igualdade e autoestima no colexio de Calo. O de autoestima impartirase en 5 de primaria e o de igualdade en 4. Ambolos doús terán unha duración de 6 semanas en sesións semanais.
Estes obradoiros repítense anualmente e entran dentro dos obxectivos plantexados dentro do II Plan de Igualdade do Concello de Teo, que foi presentado o pasado 25 de novembro e ten unha vixencia de 4 anos.

No hay comentarios:

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas