martes, 17 de febrero de 2009


As persoas traballadoras do Concello de Teo están de noraboa xa que dende o vindeiro mes de marzo comenza a funcionar un servicio de conciliación para os sábados pola mañá.
O servicio nace da necesidade manifesta de moitas persoas, na súa maioría mulleres, que acoden o Concello e manifestan a súa imposibilidade de traballar pola dificultade de conciliar a súa vida familiar e laboral.
A Concellaría de Educación xunto co CIM acordaron poñer en marcha un servicio que dira unha solución para os sábados, xa que é un día que non queda cuberto nin por clases nin por actividades que ocupen toda a mañá.
Esperamos que a nova iniciativa teña unha boa acollida por parte de todas as persoas e se convirta nunha oferta máis que se suma as que ten o Concello de Teo no campo da conciliación familiar, persoal e laboral.

1 comentario:

Anónimo dijo...

NORABOA POR ESTA BOA INICIATIVA, ESPERO DE CORAZÓN QUE TEÑA BOA ACOLLIDA

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas