miércoles, 11 de marzo de 2009



O periódico do Vaticano, publicou este pasado fin de semana no l'Osservatore Romano, o periódico semioficial do Vaticano, un artígo para conmemorar o Día Internacional da Muller. Este periódico dí que é posible que a lavadora tiña feito máis pola liberación da muller no século XX que a píldora ou o dereito ao traballo.

O texto, escrito por unha muller pregúntase: "¿ Que foi o que fixo máis para a liberación da muller occidental no século XX?"

"O debate está caldeado. Algúns din que a píldora, algúns que o aborto e algún que o dereito a traballar fora da casa. Outros osan ir máis alá: a lavadora".

Despois repasa a historia da lavadora, comezado con un modelo rudimentario de 1767 en Alemania e terminando cas lavanderías de hoxe en día onde a muller pode tomar un café cas súas amigas mentras que o tambor da voltas.

Podedes opinar o que vos parece.

Un saúdo

martes, 3 de marzo de 2009


Onte inagurouse na Mediateca do Grilo a exposición "Mulleres Pioneiras". Dita exposición estará exposta ata o vindeiro 13 de marzo.

A Ministra de Igualdade Bibiana Aído presentou as 5 curtometraxes gañadoras sobre violencia de xénero no concurso - é +, cine para ser a voz de quenes calan. No proxecto participaron profesionais do cine, profesorado e alumnado de ESO ,bacharelato e formación profesional. Entre as persoas gañadoras destaca unha galega de 17 anos de Ourense. Os videos irémolos colgando nas vindeiras semanas. Hoxe comenzamos polo video de Marta Blanco que acadou o terceiro premio


domingo, 1 de marzo de 2009



Hoxe comenzan en Teo os actos conmemorativos do 8 de marzo. As actividades previstas son as seguintes:

- Lúns día 2 ás 20:30 na mediateca do grilo: presentación da exposición mulleres pioneiras. A exposición estará aberta ata o venres 13 de marzo.

- Martes 3: Comenza na aula de informática do Concello un curso de iniciación a internet "mulleres e Tics" e un obradoiro de correo electrónico para mulleres.

- Xoves 4: Inicio do curso de educación para a saúde na casa común de Raris, totalmente gratuíto e cunha duración de 20 horas.

- Lúns e martes: Nos colexios de educación primaria do Concello faránse actividades de sensibilización co alumnado de 2 de educación primaria.

martes, 24 de febrero de 2009



A Comisión de Igualdade do Congreso dos Diputados e Diputadas, aprobou o 18 deste mes a proposta para despenalizar a interrupción voluntaria do embarazo. Agora o informe trasladarase ao Goberno para a elaboración dun proxecto de Lei do aborto que terá en conta as recomentacións da comisión de expertos convocada polo Ministerio de Igualdade.

Establécese un período no que as mulleres poden interromper o embarazo sen alegar causa, e unha serie de "indicacións", como que exista un grave perigo para a embarazada ou graves anomalías, malformacións ou enfermidades no feto, que permitirán abortar mási aló dese prazo.

No texto tamén se precesa que as xóvenes de máis de 16 anos non precisarán contar co consentimetno dos seus proxenitores para someterse a esta práctica.


As diferencias entre homes e mulleres a nivel cerebral é unha constante fonte de estudo. Un grupo de investigadores e investigadoras do CSIC e da Universidade das Illas Baleares, determinaron que a actividade cerebral de ambos sexos é diferente ante estímulos artísticos e culturales. No home a actividade neuronal rexistrouse no hemisferio dereito, mentras que nas mulleres foi nos dous lóbulos. Os neurólogos e neurólogas sosteñen que as mulleres interpretan as relacións espaciais en categorías, é dicir, que se manexan mellor en distancias cortas; e os homes mellor nas largas. Dende o punto de vista da antropoloxía, as diferencias cerebrais son consecuencia da división do traballo dende os primeiros seres humáns: a muller era a recolectora e o home o cazador. A muller aproveitaría a súa maior consciencia sobre os obxetos situados no seu entorno máis preto para recoller os froitos, e o home, utilizaría as estratexias de orientación para adentrarse nos novos territorios de caza.

miércoles, 18 de febrero de 2009


Si na actualidade o mundo do toreo aínda é un mundo "vetado"para as mulleres , na década dos 40 e 50 aínda moito máis. Conchita Cintrón, nacionalizada portuguesa polo seu matrimonio e chamada en Mexico a "Diosa Rubia", foi unha gran rexoneadora. Conchita faleceu en Lisboa aos 86 anos. Ela naceu en Chile pero dende os dous meses viveu en Lima, polo que sempre se considerou peruana.
O final da súa carreira, participara en máis de 400 corridas nas principais prazas de España, México, Francia, Venezuela...
No 1995 recibeu a medalla ao mérito cultural na praza de toros de Campo pequenho de Lisboa e en 2005 en Madrid a "Escalera do Éxito", distinción outorgada polo círculo taurino Internacional.



A Fundación Mulleres oferta un curso de Creación de empresas. Trátase dun curso semipresencial de 100 horas con acompañamento na elaboración do plan de empresa. O curso comeza o 31 de marzo e remata o 11 de xuño e o seu desenrolo é como segue:

- Traballo on line personalizado a través da plataforma onde deberá ir colgaldo os exercicios do curso e a través da que poderá consultar a teoría do mesmo.

- 5 sesións presenciais que se levarán a cabo na cidade da Coruña, onde se plantearán casos reais levados a cabo por outras emprendedoras.

- O curso irá acompañado de tutorías personalizadas.

O curso é totalmente gratuíto e o finalizar otorgaráselle un certificado das horas do mesmo. Para inscribirse farase por teléfono 981294097 ou nas direccións: beatriz.blanco@fundacionmujeres.es ; berta.lema@fundacionmujeres.es

martes, 17 de febrero de 2009


As persoas traballadoras do Concello de Teo están de noraboa xa que dende o vindeiro mes de marzo comenza a funcionar un servicio de conciliación para os sábados pola mañá.
O servicio nace da necesidade manifesta de moitas persoas, na súa maioría mulleres, que acoden o Concello e manifestan a súa imposibilidade de traballar pola dificultade de conciliar a súa vida familiar e laboral.
A Concellaría de Educación xunto co CIM acordaron poñer en marcha un servicio que dira unha solución para os sábados, xa que é un día que non queda cuberto nin por clases nin por actividades que ocupen toda a mañá.
Esperamos que a nova iniciativa teña unha boa acollida por parte de todas as persoas e se convirta nunha oferta máis que se suma as que ten o Concello de Teo no campo da conciliación familiar, persoal e laboral.

lunes, 16 de febrero de 2009



NO DOGA do 11 de febreiro publicouse a orde do 29 de xaneiro de 2009 pola que se establecen as bases que rexen as axudas a mozos e mozas para a realización de cursos de idiomas en calquera dos estados membros da Unión Europea.

Os requisitos para poder solicitar esta axuda son:

- Ter entre 18 e 30 anos ao remate de presentación de solicitudes

- Residir en Galicia

- Non estar matriculado no curso académico 2008/2009 en ningún centro universitario.

O curso terá , polo menos, tres semanas de duración, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais entre o 1 de xuño e o 30 de outubro do ano 2009.

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas