miércoles, 3 de agosto de 2011

Un total de 154 mulleres víctimas de violencia de xénero perciben axudas mensuais no primeiro semestre do ano.
Os importes oscilan entre os 300 e os 800 euros mensuais, en función da situación familiar e laboral das mulleres.
Estas axudas teñen unha duración máxima dun ano. As medidas de protección tomadas durante o primeiro semestre deste ano, 637, supoñen un descenso do 4,64% sobre as rexistradas no mesmo período do ano anterior, unha reducción que se produce como consecuencia da disminución no número de denuncias.
A liña de axudas económicas concedidas complétase con 14 mulleres que recibiron unha percepción en pagamento único, por acreditar insuficiencia de recursos e especiais dificultades para acceder a un posto de traballo e unha muller que percibíu un axuda en concepto de indemnización.
Complementariamente a estas axudas, a secretaría desenvolve anualmente programas de atención psicolóxica tanto para ás víctimas como para homes con problemas de control da violencia no ámbito da parella

No hay comentarios:

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas