Igualdade inicia en setembro un servizo xurídico on line para mulleres víctimas de violencia de xénero.
O obxectivo deste servizo é facilitarlle as mulleres o coñecemento dos seus dereitos e axudarlles así a que adopten as decisións máis axeitas en cada momento.
O servicio xurídico on line permitirá ofrecer resposta en tempo real a consultas sobre lexislación, violencia de xénero, conciliación, dereito de familia, agresións ou acoso sexual, entre outras, asegurando a confidencialidade.
O novo sistema on line terá ademais funcionalidade de xerar un rexistro de información a partires dos datos relativos a cada consulta realizada, coa finalidade do seu posterior tratamento estadístico.
As consultas a través deste servizo poden ser complementarias ás que se prestan de xeito presencial nos 78 centros de información ás mulleres, CIM, repartidos por toda Galicia, garantindo o anonimato e a confidencialidade cando así o desexe a muller.
O servizo será accesible a través da páxina www.igualdade.xunta.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario