A MAN INVISIBLE DO TRABALLO DOMÉSTICO
A nova normativa internacional sobre o traballo doméstico, aprobada recentemente polos 183 países que forman parte da OIT, constitué un feito sen precedentes pois por primeira vez aborda específicamente a un sector laboral no cal predomina a informalidade, e onde é frecuente a discriminación, a explotación e outros abusos.
O traballo doméstico realízase a porta pechada, na intimidade das nosas casas e iso fixo posible que se convertira nunha ocupación invisible, dificil de medir e de controlar. As estadísticas son difusas e con frecuencia non contan a quenes traballan por hora ou por día, a quenes non estéan rexistradas na seguridade social, ás inmigrantes indocumentadas nin ás nenas e nenos que traballan sen ter a idade permitida por lei.
A nova norma aprobada pola OIT, coñecida como convenio 189, establece que traballadoras e traballadores domésticos teñen os mesmos dereitos básicos que outras traballadoras e traballadores, que teñen dereito a xornadas de traballo razoables e descanso semanal de a lo menos 24 horas consecutivas, as condicións claras sobre as condicións laborais, a cobertura básica da seguridade social e o respeto dos dereitos laborais fundamentais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario