O xoves 10 de marzo, fixemos no salón de plenos do Concello de Teo, a mesa redonda que levaba por título: "Envellecemento, muller e dependencia: Nacidas para coidar?. A mesa estaba formada por Mª Jesús Loredo, avogada, Mónica Mella, traballadora social do Concello de Teo, e Esperanza Casas, médica do centro de saúde de Puente Vea.
O tema tratado provocou un debate moi interesante entre o público que acodeu o acto.
A mesa formaba parte das actuacións que o CIM está a levar a cabo nesta semana de conmemoración do 8 de marzo, día da muller.
No hay comentarios:
Publicar un comentario