DECÁLOGO SOBRE EDUCACIÓN SEXUAL
6.- A familia, a escola e a sociedade teñen que traballar de xeito intencional, mancomunada e coordinada na educación da sexualidade.
Non bastan os pais e as nais, non basta a escola. É preciso que toda a sociedade contribúa ao proceso educativo.Se o que fai a familia o contradice a escola, se o que fai a escola e a familia o destrue a sociedade, avanzarase moi pouco na boa dirección.
7.- A educación é un proceso que debe estar guiado fundamentalmente polo amor.
Se a educación é algo importante é porque ten que ver coa comunicación e se a comunicación é importante é porque ten que ver co amor. O amor non basta e está cheo de trampas (a sobreportección, o chantaxe afectivo, a dominación emocional...) pero sen o amor todo resulta problemático e perturbador.
8.- Existen sobre a sexualidade moitos mitos, estereotipos, errores e falsedades que a eduación contribúe a desmontar
É preciso distingir o coñecemento riguroso do que está adulterado por intereses comerciais, políticos ou relixiosos. A educación nos axudará a desvelar esas falsedades en aras dunha vida sexual máis feliz.
A educación axuda a descrubrir as pautas sexistas que están presetnes na linguaxe, no traballo, na política, na ensinanza, na relixión e na sociedade en xeral.
9.- A educación invita a facernos preguntas e a buscar con rigor, perseverancia e coraxe as respostas.
A duda é un estado incómodo. A certeza é un estado intelectualmente ridículo. Por iso, a educación conduce á incertidume, á interrogación, á busca. Temos dudas e capacidade de preguntar, de reflexionar. A sexualidade cambia coas culturas e cos tempos.
10.- Os medios de comunicación presentan modelos pola vía da seducción que a educación debe contrarrestar pola vía da argumentación.
A educación conleva unha visión crítica da realidade. A persona educada é capaz de discernir, de analizar, de criticar aquelas mensaxes que tratan de convencerle pola vía da seducción. Modelos de ser home ou muller, mensaxes comerciais, estilos de vida...
A educación, pola vía da reflexión e da argumentación, confiere ás persoas, a capacidade de discernir que é bo e qué é malo, qué coñecemento é riguroso e cal está dulterado por intereses de diversos tipos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario