DECÁLOGO SOBRE EDUCACIÓN SEXUAL
Durante moitos anos extendeuse sobre a sexualidade un manto de silencio, de vergonza e de pecado. É preciso retiralo para poder pensar e sentir con libertade a realidade da nosa condición de seres sexuados. (libro blanco sobre educación sexual da provincia de Málaga)
1.- A EDUCACIÓN SEXUAL NON SE PRODUCE DE FORMA ESPONTÁNEA
As persoas non nacen educadas. Teñen que educarse. Non só durante o período escolar senón tamén durante toda a vida.
A educación é un proceso intencional que persigue uns fins e que utiliza unhas estratexias que, dentro do respeto ás persoas, las axudan a pensar e a relacionarse.
Educadores e educadoras non pretenden que os aprendices acaben pensando como eles e elas, senon que acaben pensando por sí mesmos, por sí mesmas.
Dice Hölderlin "Os educadores forman aos seus educandos como os océanos forman aos continentes, retirándose". O que os educandos nos din é: Axúdame a pensar por min mesmo."
No hay comentarios:
Publicar un comentario