O vindeiro lúns 28 de febreiro comeza na aula de informática do Concello un curso de iniciación á fotografía dixital e ao seu retoque.
Esta actividade forma parte das actuacións que se van a levar a cabo con motivo da conmemoración do día da muller o 8 de marzo.
O curso rematará o 10 de marzo e o seu horario será lúns, mércores e xoves de 18:00 a 20:00.
Tendes que anotarvos no Concello ata que se cubran as prazas. Daráselle preferencia ás mulleres do Concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario