jueves, 3 de septiembre de 2009



No DOGA do 19 de agosto saleu publicada a resolución pola que se anuncia a convocatoria pública para a selección de 17 empresas para participar no programa de asesoramento e acompañamento individualizado detnro do programa Consolida de informaicón e asesoramente ás mulleres emprendedoras de Galicia.

No obxectivo final de acadar o compromiso de eliminar a discriminación entre mulleres e homes e traballar na promoción da igualdade no ámbito laboral e formativo, o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da muller convén en dar un apoio económico ao emprendemento por parte das mulleres e da formación xeral e específica que lles permita acceder ao emprendemento en igualdade de condicións ca os homes, poñer en marcha un servizo específico de información e asesoramento que poña ás emprendedoras galegas en contacto tanto cos recursos xerais coma cos específicos e que teña, pola súa vez, unha especilización nas circunstancias e requirimentos do emprendemento feminino.

Nesta convocatoria se pretende seleccionar a 17 empresas para participar no programa de titorización. Poden presentar as solicitudes as empresarias autónomas e empresas formadas unicamente por mulleres, constituídas baixo calquera tipo de sociedade, incluídas as sociedades unipersoais e as empresas participadas maioritariamente por mulleres.

O prazo de presentación remata o vindeiro 20 se setembro.

No hay comentarios:

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas