martes, 1 de septiembre de 2009



No DOGA do 14 de agosto publicáronse as bases reguladoras que rexerán as subvencións para o apoio ao emprendemento feminino (programa Emega). O seu obxetivo é apoiar o emprendemento feminino e a consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres como medio axeitado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral a través das seguintes áreas de actuación:

- Area de actuación I: á posta en marcah de iniciativas empresariais por mulleres.

-Area de actuación II: apoio á mellora de proxectos empresarias liderados por mulleres.

O inicio da actividade empresarial ten que estar entre o 1 de marzo de 2008 e a data de finalización de solicitudes.

O prazo de presentación da documentación remata o vindeiro 15 de setembro

No hay comentarios:

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas