miércoles, 30 de septiembre de 2009
viernes, 25 de septiembre de 2009
viernes, 18 de septiembre de 2009
En pleno século XXI aínda son noticia estas situacións.
Unha muller e o seu compañeiro foron condenados a ser azotados por un tribunal islámico de Malasia por «conducta inmoral», despois de que a parella fora sorprendida cando pretendía ter relacións sexuais no coche.
A parella, él de 29 anos e ela de 24, foi condenada a recibir seis latigazos e a pagar unha multa de 2.800 dólares no xuicio celebrado o pasado mércores no Estado de Selangor, na rexión central do país.
Malasia é un país cunha sociedade multiracial na que a comunidade musulmana representa cerca do sesenta por cento dos seus 27 milloós de habitantes.
miércoles, 16 de septiembre de 2009
Onte publicouse a oferta pública para a contratación dun asesor uo asesora xurídica para o CIM. Dende o mes de maio Paula esta en excedencia polo seu posto no Parlamente Galego e non tíñamos ninguha persoa no seu posto.
Hai 10 días dende hoxe para presentar os currículums, as persoas que se presenten deberán ter experiencia ou formación en temas de igualdade.
martes, 15 de septiembre de 2009
jueves, 3 de septiembre de 2009
No DOGA do 19 de agosto saleu publicada a resolución pola que se anuncia a convocatoria pública para a selección de 17 empresas para participar no programa de asesoramento e acompañamento individualizado detnro do programa Consolida de informaicón e asesoramente ás mulleres emprendedoras de Galicia.
No obxectivo final de acadar o compromiso de eliminar a discriminación entre mulleres e homes e traballar na promoción da igualdade no ámbito laboral e formativo, o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da muller convén en dar un apoio económico ao emprendemento por parte das mulleres e da formación xeral e específica que lles permita acceder ao emprendemento en igualdade de condicións ca os homes, poñer en marcha un servizo específico de información e asesoramento que poña ás emprendedoras galegas en contacto tanto cos recursos xerais coma cos específicos e que teña, pola súa vez, unha especilización nas circunstancias e requirimentos do emprendemento feminino.
Nesta convocatoria se pretende seleccionar a 17 empresas para participar no programa de titorización. Poden presentar as solicitudes as empresarias autónomas e empresas formadas unicamente por mulleres, constituídas baixo calquera tipo de sociedade, incluídas as sociedades unipersoais e as empresas participadas maioritariamente por mulleres.
O prazo de presentación remata o vindeiro 20 se setembro.
martes, 1 de septiembre de 2009
No DOGA do 14 de agosto publicáronse as bases reguladoras que rexerán as subvencións para o apoio ao emprendemento feminino (programa Emega). O seu obxetivo é apoiar o emprendemento feminino e a consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres como medio axeitado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral a través das seguintes áreas de actuación:
- Area de actuación I: á posta en marcah de iniciativas empresariais por mulleres.
-Area de actuación II: apoio á mellora de proxectos empresarias liderados por mulleres.
O inicio da actividade empresarial ten que estar entre o 1 de marzo de 2008 e a data de finalización de solicitudes.
O prazo de presentación da documentación remata o vindeiro 15 de setembro
PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello
educar os nosos fillos e fillas
O CIM
O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.