Aínda quedan dúas prazas para o curso que comenzará o vindeiro 2 de setembro. O horario será de 9:00 a 14:00 na antigua aula de informática do Concello.
Para anotarse pasade polo CIM.
Animádevos!!
Información sobre dereitos das mulleres, actividades de formación e de lecer, orientación e apoio psicolóxico ás mulleres, conmemorativas, charlas sobre igualdade, campañas e xornadas informativas, asesoría xurídica, civil, penal, laboral, tramitación e solicitude de xustiza gratuíta,...
Aínda quedan dúas prazas para o curso que comenzará o vindeiro 2 de setembro. O horario será de 9:00 a 14:00 na antigua aula de informática do Concello.
Para anotarse pasade polo CIM.
Animádevos!!
No mes de marzo presentouse este vídeo de denuncia contra a violencia de xénero.
Baixo o lema Nos duele a todas. Nos duele a todos, a ministra e o delegado contra a Violencia de Xénero fan a súa aparición nun videoclip para o que o artista extremeño, ex componente de Sugarless, contóu tamén coa participación da xuiza especializada en casos de violencia de xénero María Tardón. O videoclip contadou coa colaboración da Fundación Mujeres.
Hai unha segunda versión na que a participación das persoas famosas é maior.
CURSO DE ATENCIÓN A PERSOAS DEPENDENTES
O vindeiro xoves as 10:00 no Concello de Teo, terá lugar a selección das mulleres que desexen facer o dito curso. O curso que é totalmente gratuíto e homologado, terá unha duración de 200 horas; será en horario de mañá e comenzará o 1 de setembro.
Se estas interesada presentaté o xoves as 10:00 no Concello.
Na nosa sociedade cada vez son máis as persoas maiores que viven soas e que necesitan atención. Por isto a formación neste ámbito é imprescindible para poder acceder ao amplio campo de traballo que se nos presenta. Tradicionalmente son as mulleres as que se encargan de facer estes traballos nas casas ¿por que non formarse e poder dedicarse profesionalmente?. Temos que dignificar o noso traballo.
Animádevos!!!
No DOGA de hoxe se convocan estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas. O obxetivo desta axuda é facilitarlles ás mulleres que teñan fillas ou fillos menores exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo de ocio. As estadías serán de 8 días (7 noites) en réxime de pensión completa, preferentemente entre o 20 de agosto e o 10 de setembro.
Os requisitos para poder solicitar esta axuda son:
-Ter fillos/as en idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos
-Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma Galega
-Dispoñer dunha renda que dividida polo número de membros que a compoñen, non supere o salario mínimo interprofesional (624€)
- Non padecer nin ela nin os seus fillos/as unha enfermidade que requira illamento e/ou impida a normal convivencia.
O prazo para presentar a documentación remata o vindeiro 26 de xullo.
Para máis información podedes acodir o CIM ou a servizos sociais.
Nestes días veúnos concedida unha subvención, cofinanciada polo Servizo Galego de Igualdade e polo Fondo Social Europeo, ao Concello de Teo para levar a cabo o curso de Atención a persoas dependentes.
O curso terá unha duración de 200 horas e será totalmente gratuíto. As destinatarias serán mulleres residentes en Galicia maiores de idade ou emancipadas.
O curso comenzará o 1 de setembro e rematará o 27 de outubro en horario de 9:00 a 14:00. Para máis información podedes chamar o CIM do Concello de Teo ó teléfono 981 809707 e preguntar por Chelo
A ministra de igualdade, Bibiana Aído afirma que unha das prioridades da presidencia española europea será a loita contra a violencia de xénero.
Unha das propostas é a creación dun observatorio europeo contra a violencia de xénero; este serviría para poder ter indicadores comúns e medir este problema con parámetros claros a nivel europeo.
É importante que teñamos un diagnóstico común do problema a nivel europeo para poder plantear solucións comúns.
A ministra afirmou que para salir desta crisis económica é imprescindible contar con todo o potencial de homes e mulleres: "as mulleres somos máis da metade da poboación, e se non temos recoñecidos plenamente os nosos dereitos de cidadanía, todo o seu potencial, todas as súas capacidades, se non está libre de violencia, está claro que a sociedade no seu conxunto estará mermada, rendirá a metade do posible.