No DOGA de hoxe se convocan estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas. O obxetivo desta axuda é facilitarlles ás mulleres que teñan fillas ou fillos menores exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo de ocio. As estadías serán de 8 días (7 noites) en réxime de pensión completa, preferentemente entre o 20 de agosto e o 10 de setembro.
Os requisitos para poder solicitar esta axuda son:
-Ter fillos/as en idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos
-Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma Galega
-Dispoñer dunha renda que dividida polo número de membros que a compoñen, non supere o salario mínimo interprofesional (624€)
- Non padecer nin ela nin os seus fillos/as unha enfermidade que requira illamento e/ou impida a normal convivencia.
O prazo para presentar a documentación remata o vindeiro 26 de xullo.
Para máis información podedes acodir o CIM ou a servizos sociais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario