Nestes días veúnos concedida unha subvención, cofinanciada polo Servizo Galego de Igualdade e polo Fondo Social Europeo, ao Concello de Teo para levar a cabo o curso de Atención a persoas dependentes.
O curso terá unha duración de 200 horas e será totalmente gratuíto. As destinatarias serán mulleres residentes en Galicia maiores de idade ou emancipadas.
O curso comenzará o 1 de setembro e rematará o 27 de outubro en horario de 9:00 a 14:00. Para máis información podedes chamar o CIM do Concello de Teo ó teléfono 981 809707 e preguntar por Chelo
No hay comentarios:
Publicar un comentario