lunes, 14 de junio de 2010


A Oliveira de Teo convida ao público en xeral a se achegar á Mediateca Municipal O Grilo este sábado ás 20:30 para asistir á charla que vai a impartir o mestre, escritor, articulista de prensa, colaborador de radio e televisión, activo fundador de movementos de renovación pedagóxica, o chairego Xabier P.Docampo.
A conferencia leva por título: A educación nacional católica. Experiencias dun neno dos 50
Esperamos que sexa do voso agrado


O venres levamos a cabo no centro social da Ramallosa a charla titulada Muller: menopausa e sexualidade.
O Dr. Cajide deixou craro que calquera da sintomatoloxía que se pode presentar neste momento é tratable e que non por considerala "normal" non a debemos tratar. Sofocos, sequidade vaxinal.... pódese e débese tratar. Cada muller deberá seguir un tratamento individual, non vale o mesmo para todas e por iso é preciso acudir ao noso xinecólogo ou xinecóloga unha vez ao ano como mínimo.
A participación foi moi boa e demostraron moito interes ca ronda de preguntas finais.
Do mesmo xeito algunha das asistentes amosaron o seu interese porque este tipo de actividades se repitan e para iso necesitamos da vosa colaboración, é preciso que propoñades os temas que vos interesan e nos cales estades interesadas.
Xa sabedes que estamos no edificio de servicios sociais todolos días en horario de 9:00 a 14:00 para calquera dúbida que teñades.
Moitas gracias a todas e todos por vir.


jueves, 10 de junio de 2010


O martes rematou o obradoiro de risoterapia que se levou a cabo na Ramallosa e que estaba aberto a tódalas mulleres do Concello.
O resultado foi moi satisfactorio tanto para nos coma para as mulleres que asistiron.
Aínda a última sesión non poideron asistir todas as participantes, o número de mulleres que asistiron foi de 14.
Se queredes ver máis fotos están colgadas no facebook, para poder velas tendes que facervos amigas do CIM, se necesitades axuda so tendes que vir e preguntar cómo se fai.
Moitísimas gracias a todas por participar e por axudarnos a facer o obradoiro, sen vos non tivera sido posible.

lunes, 7 de junio de 2010

O vindeiro venres 11 de xuño ás 19:00 vaise a impartir unha charla no centro sociocultural da Ramallosa. A charla titúlase Muller:Menopausia e sexualidade e será impartida por Chelo Cajide, psicóloga e directora do cim de Teo, e polo xinecólogo Ramón Cajide Montero, xefe do servicio de obstetricia e xinecoloxía do complexo hospitalario universitario de santiago de compostela.
A charla é aberta a toda a poboación do Concello.
Animádevos!!!!!

domingo, 30 de mayo de 2010


O pasado mércores 26 tivo lugar no Concello a presentación por parte de Gaela, a empresa que se vai a facer cargo da redacción do II plan de igualdade, do proxecto de traballo para a elaboración do plan.
A reunión acudiron os diferentes grupos políticos e amosaron o seu interese e a súa disposición a colaborar na súa elaboración.

martes, 25 de mayo de 2010


Este lúns saleu publicado no DOGA a convocatoria das axudas establecidas no artigo 27 da lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.
O prazo de presentación de solicitudes comezará o 25 de maio e rematará o 30 de novembro de 2010. O importe desta axuda será, con carácter xeral, equivalente a 6 meses do subsidio por desemprego vixente, pero hai diferentes situacións:
- O importe será o equivalente a 12 meses cando a vitima tivese a cargo un familiar ou menor acollido/a ou cando a vítima sen responsabilidades familiares, tivese unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
- O importe será o equivalente a 18 meses de subsidio por desemprego cando a vítima tivese ao seu cargo dous ou máis familiares ou menores acollidos/as, ou un familiar e un menor acollido/a ou cando a vítima tivese ao seu cargo un familiar ou menor acollido/a e unha discapacidade igual ou superior ao 33% ela ou a persoa dependente.
- O importe será o equivalente a 24 meses de subsidio por desemprego cando a vítima tivese ao seu cargo dous ou máis familiares ou menores acollidos/as, ou un familiar e un menor acollido/a e unha discapacidade igual ou superior ao 33% ela ou algunha das persoas dependentes, ou cando a vítima con responsabilidades familiares ou o familiar ou menor acollido/a con quen conviva tivese recoñecido oficialmente un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
Para máis información podedes acodir ao cim de Teo

lunes, 24 de mayo de 2010


No DOGA do 24 de maio de 2010 saleu publicada a resolución do 18 de maio pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionimso e a participación das mulleres.
As axudas poden ser solicitadas polas asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia, sen ánimo de lucro, legalmente constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002 do 22 de marzo.
Tanto no caso das asociacións como das federacións as mulleres socias representarán, polo menos, o 90% da totalidade das persoas asociadas
A finalidade desta axuda é fortalecer e consolidar o movemento asociativo de mulleres, por ser elemento indispensable na promoción da igualdade de oportunidades, establecendo unha linea de apoio ao seu mantemento e funcionamento entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2010.
O prazo para solicitar esta axuda remata o vindeiro 25 de xuño de 2010

martes, 18 de mayo de 2010


No DOGA do 11 de maio de 2010 publicouse a resolución do 7 de maio de 2010, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.
Poderán solicitar estas estadías mulleres que:
- Con fillos ou fillas entre 2 e 12 anos
- Estean domiciliadas na Comunidade Autónoma Galega e no caso de mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.
- Dispoñer dunha renda que, tendo en conta todos os ingresos do conxunto da unidade familiar, divididos polo número de membors que a compoñen, non supere o salario mínimo interprofesional (SMI)
- Non padecer ela, nin os fillos ou fillas que a acompañen, enfermidade que requira illamento e/ou que impida a nomal convivencia.
O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 12 de xuño de 2010.
Para máis información podedes acodir ao CIM ou preguntar por Chelo

miércoles, 12 de mayo de 2010


OBRADOIRO DE RISOTERAPIA
Onte rematamos o obradoiro de risoterapia que se levou a cabo xunto coas asociacións Cruceiro do Monte e Baiuca.
O obradoiro levouse a cabo os días 4,5 e 11 de maio e as mulleres que participaron nel conseguiron descubrir algúns dos beneficios da risa.
Con este obxectivo o que se pretende entre outros obxectivos é rirnos de nos mesmas, coas demais e non das demais persoas, recoñecendo a risa como ferramente para lograr un mellor desenvolvemento persoal.
Moitas gracias a todas por acodir.


O goberno anuncia que a partires do 1 de xaneiro de 2011 suprimirá o cheque bebé de 2500 euros.

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas