DECÁLOGO DE EDUCACIÓN SEXUAL
4.- Non se educa dunha vez para sempre, fai falla educarse durante toda a vida.
Hai persoas que pensan que só se educa durante a infancia e a xuventude. A educación é una tarefa interminable que afecta a toda a vida das persoas. Cando falamos con nais e pais e o profesorado sobre educación sexual pensan no que teñen que decir ou facer cos seus fillos e fillas, pero non no que teñen que aprender e mellorar nas súas propias vidas.
5.- A educación sexual ten que ser un compromiso de todala comunidade educativa.
O proxecto educativo ten que ser de toda a escola, se o profesorado está de acordo nas líneas a seguir, o alumnado non se resistirá e non daremos mensaxes contradictorios.
viernes, 25 de febrero de 2011
Etiquetas:
formación
lunes, 21 de febrero de 2011
O vindeiro lúns 28 de febreiro comeza na aula de informática do Concello un curso de iniciación á fotografía dixital e ao seu retoque.
Esta actividade forma parte das actuacións que se van a levar a cabo con motivo da conmemoración do día da muller o 8 de marzo.
O curso rematará o 10 de marzo e o seu horario será lúns, mércores e xoves de 18:00 a 20:00.
Tendes que anotarvos no Concello ata que se cubran as prazas. Daráselle preferencia ás mulleres do Concello.
Etiquetas:
formación
DECÁLOGO SOBRE EDUCACIÓN SEXUAL
3.-A educación sexual non consiste só en adquirir coñecementos sobre a sexualidade.
A información é unha parte da educación, pero non a única. Non a esencial. A educación afecta a tódalas dimensións das persoas. Ten que ver coa esfera dos sentimentos, das actitudes e dos valores.
Saber moitas cousas sobre a sexualidade non significa que sepamos vivila de forma satisfactoria e plena, non leva consigo que sepamos aceptarnos e que sepamos relacionarnos cos demais.
A verdadeira educación ten un carácter integral. Refírese a todalas dimensións da persoa. O coñecemento é necesario, pero non suficiente.
Etiquetas:
formación
miércoles, 16 de febrero de 2011
DECÁLOGO SOBRE EDUCACIÓN SEXUAL
2.- Cada etapa del desarrollo humano tiene unas peculiaridades que es imprescindible conocer para saber actuar de forma adecuada
A psicoloxía evolutiva ten unhas etapas que, sen ser ríxidas nin iguais para todos e todas, permiten coñecer formas de ser, de reaccionar e de vivir a sexualidade. É importante coñecelas.
Convén saber que é o característico das preguntas infantís. Porque máis importante que saber o que hai que contestar é coñecer qué é o que realmente pregutan. O mesmo sucede na adolescencia
Etiquetas:
formación
martes, 15 de febrero de 2011
DECÁLOGO SOBRE EDUCACIÓN SEXUAL
Durante moitos anos extendeuse sobre a sexualidade un manto de silencio, de vergonza e de pecado. É preciso retiralo para poder pensar e sentir con libertade a realidade da nosa condición de seres sexuados. (libro blanco sobre educación sexual da provincia de Málaga)
1.- A EDUCACIÓN SEXUAL NON SE PRODUCE DE FORMA ESPONTÁNEA
As persoas non nacen educadas. Teñen que educarse. Non só durante o período escolar senón tamén durante toda a vida.
A educación é un proceso intencional que persigue uns fins e que utiliza unhas estratexias que, dentro do respeto ás persoas, las axudan a pensar e a relacionarse.
Educadores e educadoras non pretenden que os aprendices acaben pensando como eles e elas, senon que acaben pensando por sí mesmos, por sí mesmas.
Dice Hölderlin "Os educadores forman aos seus educandos como os océanos forman aos continentes, retirándose". O que os educandos nos din é: Axúdame a pensar por min mesmo."
Etiquetas:
formación
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
educar os nosos fillos e fillas
O CIM
O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.