O pasado 3 de abril publicouse no DOGA as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagametno único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2009.
As persoas beneficiarias desta prestación son aquelas que teñan fillos ou fillas menores de 3 anos na data do 1 de xaneiro de 2009 (nacidos entre o 02-01-2006 e o 01-01-2009) e non teñan obriga de facer a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas.
No caso de que as fillas ou fillos sexan adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2007 e o 31 de decembro de 2008, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da inscripción da adopción ou do acollemento no Rexistro Civil.
O prazo para solicitar esta prestación remata o vindeiro 13 de maio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario