Dende o 27 de abril xa vos podedes anotar nos cursos do Proxecto Xiana que se van a realizar. Os cursos son un de atención sociosanitaria no domicilio e outro de monitores e monitoras de actividades de tempo libre.
Para poder acceder a estes cursos tendes que estar inscritas e inscritos como demandantes de emprego e ter a tarxeta de demandante de emprego actualizada. Por outra banda tendes que ser maiores de idade e estar empadroadas e empadroados en algún dos Concellos adheridos ó proxecto. Do mesmo xeito non poderedes ter ningún impedimento físico para realizar as funcións da profesión.
Para máis información podedes acodir á Axencia de Emprego do Concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario