miércoles, 17 de septiembre de 2008



Xa rematou o I Trivial da Igualdade do CIM de Teo. Aínda que a participación a través da rede é aínda baixa, as persoas que participaron demostraron ter uns bos coñecementos sobre a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. O obxectivo final era mellorar estes coñecementos e motivar a cidadanía do Concello para adentrarse nesta temática.

Unha vez acadado este obxectivo, nos vindeiros días poñeremos en marcha outra iniciativa que esperamos sexa do voso agrado.

Moitísimas gracias a todas e todos por participar.

No hay comentarios:

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas