No DOGA do 1 de setembro publicouse a orde do 31 de xullo de 2008 pola que se regulan as subvencións para a cobertura do custo de procesos de mediación familiar en Galicia.
As parellas en proceso de separación ou conflito poderán solicitar axudas de mediación familiar de ata 360 euros para cubrir os costes deste servicio. Poderán beneficiarse desta axuda as persoas residentes en Galicia unidas por vínculo matrimonial ou que formen unha unión estable de parella, que se atopen en situación de separación, divorcio ou nulidade matrimonial ou ben ruptura da parella, así como en conflitos de convivencia.
As axudas poderán solicitarse ata o 31 de outubro
No hay comentarios:
Publicar un comentario