lunes, 24 de octubre de 2011

Mirade este video, ten subtítulos en castelán....é unha reflexión moi boa.
Tropes vs. Women: #3 The Smurfette Principle
www.youtube.com


222 nenas indias deixarán de chamarse "indesexadas":


http://http://www.redfeminista.org/Noticia.asp?ID=7316

martes, 18 de octubre de 2011

O premio nobel da paz 2011 foi concedido a tres mulleres africanas, defensoras dos dereitos cidadáns: a presidenta de Liberia, Ellen Johnson, a activista do mesmo pais, Leymah Roberta Gbowee e a periodista Iemení Tawakul Karman.



Esta portada é do periódico da razón do 5 de este mes. Estamos en campaña preelectoral e esta é a imaxe das políticas do pp. Se analizamos a imaxe vemos que o 80% das persoas que aparecen na imaxe son homes. A única muller que aparece é unha pastelera sen uniforme profesional. Nas redes sociais comenzaron as críticas non contra a profesión nin contra o oficio, senón contra o pouco coidado coas políticas de xénero.

Podedes facer as vosas propias aportacións.

Dous días despois de que Arabia Saudí anunciase que as mulleres poderían participar nas próximas eleccións, unha muller foi condeada a unha ducia de latigazos por quebrantar a lei que prohibe conducir ás saudís.
Women2drive dixo que a muller xa apelara a decisión xudicial; A xuicio da ONX, a condena "amosa a escala de discriminación contra a muller no reino" "Permitir con retraso que as mulleres voten nas eleccións municipais está moi ben pero se van a seguir enfrentándose a latigazos por intentar exercer o seu dereito de libertade de movementos entón as alabadas reformas do rei significan moi pouco".

martes, 27 de septiembre de 2011

AS MULLERES TERÁN DEREITO A VOTO EN ARABIA SAUDÍ

O rei de Arabia Saudí, Abdalá bin Abdelaziz, anunciou a súa decisión de permitir a participación das mulleres nas eleccións municipais de 2015, tanto en calidade de electoras como de candidatas, e a súa inclusión no Consello da Shura, órgano de caracter consultivo, unha especie de Parlamento pero sen poderes lexislativos.

Arabia Saudí é o único estado do Consello de Cooperación do Golfo Pérsico, integrado ademáis por Emiratos, Omán, Catar, Baréin, e Kuwait, cun consello consultivo no que non se permite a participación feminina.




Este portal estrea un servicio xurídico on-line para mulleres e vítimas de violencia de xénero. As consultas a este novo servicio poden ser complementarias das que se realicen complementariamente na rede de 78 CIM distribuidos nas catro provincias. Esta funcionalidade forma parte dunha serie de novidades neste portal, que inclúen máis seccións e servizos para as persoas usuarias.

http://http//igualdade.xunta.es/2011-09-26-este-portal-estrea-un-servizo-xuridico-on-line-para-mulleres-e-v%C3%ADtimas-de-violencia




viernes, 16 de septiembre de 2011




A Ministra de Sanidad, Política Social e Igualdade, Leire Pajín, presentou a campaña contra a violencia de xénero que ten o lema "non te saltes as sinais. Elixe vivir" cuxo obxetivo é que tanto as vítimas coma a xente do seu entorno sepan detectar as sinais de este tipo de violencia e actúen.
A campaña advirte ante este tipo de sinais a través dunha mensaxe dirixida ás mulleres vítimas e tamén aos seus entornos.
Distribuirase a través da televisión, radio, prensa, publicidade exterior e internet, según criterios de audiencia e cobertura xeográfica.

http://http//www.msps.es/gabinetePrensa/notaPrensa/desarrolloNotaPrensa.jsp?id=2199

jueves, 1 de septiembre de 2011

CURSO IGUALDADE DE OPORTUNIDADES E CONCILIACIÓN
Este curso está dirixido a mulleres profesionais de santiago de compostela e comarca. Será en modalidade on line e terá unha duración de 50 horas. Comezará o vindeiro 19 de setembro ata o 19 de outubro de 2011
Con este curso preténdese transmitir ao alumnado os coñecementos máis relevantes en materia de igualdade e conciliáción, fomentar e promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e ir introducindo cambios tanto na vida das persoas como nos diferentes ámbitos de poder públicos e políticos.
Para máis información http://formacion.acafo.es
info@formacionytrabajo.com
981558374

lunes, 29 de agosto de 2011



A MAN INVISIBLE DO TRABALLO DOMÉSTICO




A nova normativa internacional sobre o traballo doméstico, aprobada recentemente polos 183 países que forman parte da OIT, constitué un feito sen precedentes pois por primeira vez aborda específicamente a un sector laboral no cal predomina a informalidade, e onde é frecuente a discriminación, a explotación e outros abusos.

O traballo doméstico realízase a porta pechada, na intimidade das nosas casas e iso fixo posible que se convertira nunha ocupación invisible, dificil de medir e de controlar. As estadísticas son difusas e con frecuencia non contan a quenes traballan por hora ou por día, a quenes non estéan rexistradas na seguridade social, ás inmigrantes indocumentadas nin ás nenas e nenos que traballan sen ter a idade permitida por lei.

A nova norma aprobada pola OIT, coñecida como convenio 189, establece que traballadoras e traballadores domésticos teñen os mesmos dereitos básicos que outras traballadoras e traballadores, que teñen dereito a xornadas de traballo razoables e descanso semanal de a lo menos 24 horas consecutivas, as condicións claras sobre as condicións laborais, a cobertura básica da seguridade social e o respeto dos dereitos laborais fundamentais.




PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas