martes, 17 de noviembre de 2009

Dende o 16 de novembro xa está en activo o servicio de asesoría xurídica. A nova avogada atenderá no seguinte horario previa cita:
- Lúns, mércores: de 8:00 a 14:00
- Xoves: de 15:00 a 21:00

O servicio é previa cita que se pedirá no CIM de Teo.

viernes, 6 de noviembre de 2009


Co motivo do 25 de novembro, dende o CIM imos a levar a cabo unha campaña de sensibilización e queremos dar a coñecer a lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Para elo temos un blog http://leigalegavg.blogspot.com/ onde vos propoñemos un test para comprobar os vosos coñecementos sobre a lei.
Entre as persoas que manden as respostas correctas faremos un sorteo dunha cesta con productos de baño.
O prazo rematará o vindeiro 24 de novembro.
Animádevos a comprobar os vosos coñecementos!!!!!!!

jueves, 5 de noviembre de 2009



O vindeiro venres 13 de novembro vamos a levar a cabo un obradoiro de habilidades sociais.

Os obxectivos son os seguintes:

- Fomento da autoestima

- Axudar a desinhibición

- Fomentar a comunicación como medio para achegarse a os demais

-Dar as pautas para a utilización do linguaxe como insturmento de relación social

-Dotar de ferramentas para o uso óptimo da comunicación

O obradoiro vaise a levar a cabo na antigua aula de informática e o horario é de 9:00 a 13:00. A actividade é de balde e para anotarse teredes que facelo no CIM.



O vindeiro luns e martes, 9 e 10 de novembro vamos a levar a cabo un novo obradoiro de autoestima. Na actividade que se fixo o venres pasado, as mulleres que asistiron saíron moi satisfeitas da actividade. O horario será de 9:00 a 14:00 e o lugar será na antigua aula de informática.

Este obradoiro pretende ser un pouco máis extenso para que se poidan abarcas máis temas.

Se tendes interese en acodir, llamade ó CIM o pasade polo Concello para anotarvos, é totalmente gratuita.



Hoxe rematou o obradoiro de habilidades prelaborais e búsqueda activa de emprego. Con este curso o que se pretendía era desenvolver e adquirir habilidades e recursos que permitan superar as barreiras actuais na búsqueda de emprego ante a crise económica, autoreflexionar acerca das expectativas profesionais de cada unha e capacitalas para a elaboración do propio currículo e cartas de presentación.

martes, 3 de noviembre de 2009

OUTONO NAS TERMAS É un progra cofinanciado nun 50% pola Secretaría Xeral para o Turismo e a Secretaría Xeral da Igaulade dirixido a mulleres da comunidade autónoma de Galicia coa finalidade de promover a participación das diferetnes asociacións de mulleres en estadías en balnearios galegos durante o mes de novembro.
Poden acceder a este programa as mulleres que participan nalgunha asociación de mulleres de Galicia.
O programa vaise a levar a cabo durante o mes de novembro e nel colaboran 7 hoteis balneario de Galicia e consta de dous días de estadía en réxime de media pensión e tratamentos termais específicos.
Máis información no teléfono 981545351 ou na páxina outononastermas@xunta.es


O vindeiro 9 e 10 de novembro dende o CIM imos a levar a cabo un obradoiro de autoestima para mulleres.
O horario será de 9:00 a 14:00 na antigua aula de informática. Para anotarse a este obradoiro que é totalmente gratuíto, tes que facelo no CIM.


O pasado mércores 28 de outubro rematou o curso de atención a persoas dependentes que se levou a cabo no Concello de Teo.
As mulleres que o fixeron tiveron unha formación teórica de 200 horas; a parte práctica a fixeron en diferentes residencias do Concello, que foron: Os Arcánxeles, San Simón, Puente Vea e os Castros, que colaboraron de forma altruista.
A nosa máis sincera noraboa a estas mulleres e esperemos que a formación acadada lles sexa útil para os seus intereses.

martes, 20 de octubre de 2009



O vindeiro 2 de novembro comeza no Concello de Teo un curso de habilidades prelaborais e busca activa de emprego. Está dirixido ás mulleres de Teo maiores de 16 anos e o que se pretende e dotalas das ferramentas axeitadas para facer unha búsqueda de emprego o máis efectiva posible.

O curso durará 20 horas en horario de 9:00 a 14:00 os días 2,3,4 e 5 de novembro e levarase a cabo na antigua aula de informática do Concello.

Para anotarse teredes que pasar polo CIM. É de balde.

Animádevos!!!

lunes, 19 de octubre de 2009



O vindeiro venres 30 de outubro terá lugar no Concello de Teo un Obradoiro de desenvolvemento persoal (autoestima). O obradoiro está dirixido ás mulleres do concello.

O horario do mesmo será de 16:30 a 20:30 na antigua aula de informática e para anotarse terás que chamar ao CIM ou pasarte directamente para anotarte.

A actividade é de balde.

Os obxectivos que se pretenden son:

- Descubrir as nosas fortalezas e aspectos positivos

- Saber recoñecer as nosas limitacións

- Análises das nosas posibilidades e reforzamento das mesmas

- Fomentar a autoestima

-Coñecemento da nosa personalidade

Animádevos xa que logo faremos un obradoiro máis longo para poder seguir traballando estos aspectos.

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas