O pasado mércores 28 de outubro rematou o curso de atención a persoas dependentes que se levou a cabo no Concello de Teo.
As mulleres que o fixeron tiveron unha formación teórica de 200 horas; a parte práctica a fixeron en diferentes residencias do Concello, que foron: Os Arcánxeles, San Simón, Puente Vea e os Castros, que colaboraron de forma altruista.
A nosa máis sincera noraboa a estas mulleres e esperemos que a formación acadada lles sexa útil para os seus intereses.
No hay comentarios:
Publicar un comentario