viernes, 18 de abril de 2008

O vindeiro 14 de maio comenza o curso de Movilización de pacientes impartido pola cruz roja e organizado polo CIM de Teo. O curso terá unha duración de 20 horas e esta dirixido a aquelas mulleres que teñan algunha persoa dependente e con problemas de movilidade ó seu coidado. Vaise a levar a cabo no salón de actos do colexio da Ramallosa tódolos mércores dende o 14 de maio ata o mércores 10 de xuño en horario de 16:30 a 20:30. O curso é gratuito e a inscripción farase dende o 25 de abril ata o 12 de maio no CIM de Teo.

martes, 15 de abril de 2008


O Ministerio de traballo en colaboración co Instituto da muller, abreu o prazo para solicitar cursos de formación en informática:
- Windows XP e Internet

- Contaplus

- Microsoft Office

- Creacion de Páginas Web
O Programa de Teleformación, impulsado polo Instituto da Muller, persigue un doble obxetivo: por un lado, acercar o mundo das Novas Tecnologías ás mulleres e, por outro lado, adaptar os coñecementos das mulleres ás modificacions que as Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación impoñen no mercado laboral.

Características dos cursos:
Os cursos, desenrolados a través de Internet, contan con profesorado, tutorias individualizadas que prestarán asistencia técnica e metodolóxica ós alumnos.
Son Cursos gratutitos, só é necesario ter equipamiento informatico e acceso a internet
Solamente se poderá optar a un curso por convocatoria
CURSOS GRATUÍTOS



O día 15 de abril rematou o curso de informática para mulleres organizado polo CIM en colaboración ca aula de informática do Concello de Teo. As mulleres mostraron o seu interese en seguir formándose nas novas tecnoloxias e poranse en marcha novas actividades nos vindeiros meses.

Noraboa

miércoles, 9 de abril de 2008



Saleu publicado no DOGA do 10 de abril de 2008 a resolución pola que se regulan as bases para a concesión da axuda económica establecida para mulleres que sofren violencia de xénero que teñan especiais dificultades para obter un emprego.

O prazo de presentación rematará o 30 de novembro de 2008

http://www.xunta.es/Dog/Dog2008.nsf/FichaContenido/16526?OpenDocument

jueves, 3 de abril de 2008


Saleu publicado no DOGA do 3 de abril a orde do 17 de marzo de 2008 pola que se convocan axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo.

As axudas, na modalidade de pagamento único, seranlles concedidas aos traballadores que, a partir do día 1 de novembro de 2007 e ata o 31 de agosto de 2008, se acollan a unha redución da xornada de traballo de ata un máximo da metade da duración daquela para o coidado dun/dunha fillo/a menor de tres anos.

O prazo rematará o vindeiro 31 de agosto.


Saleu publicado no DOGA do 3 de abril a orde do 26 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2008.
Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillos/as menores de tres anos en 1 de xaneiro de 2008 (nacidos entre o 2-1-2005 e o 1-1-2008, inclusives) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2006, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período.
O prazo de presentación rematará o vindeiro 13 de maio
http://www.xunta.es/Dog/Dog2008.nsf/FichaContenido/14CC2?OpenDocument


Saleu publicado no DOGA do 3 de abril a orde do 17 de marzo de 2008 pola que se convocan axudas económicas destinadas a subvencionar gastos de mantemento e funcionamento das asociacións e federacións de mulleres de Galicia.
O prazo de presentación remata o vindeiro 4 de maio.
http://www.xunta.es/Dog/Dog2008.nsf/FichaContenido/14CBA?OpenDocument

miércoles, 26 de marzo de 2008

Campamentos de verán 2008


Como ven sendo habitual, A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, ofertou prazas para os campamentos xuvenís que se desenvolven na Comunidade Autónoma galega, e actividades de ámbito nacional, que teñen lugar noutras comunidades autónomas de España. Prazo remata o 11 de abril.
Para máis información pódese consultar a seguinte dirección

http://www.xunta.es/Dog/Dog2008.nsf/FichaContenido/1308E?OpenDocument

jueves, 13 de marzo de 2008

Actividades 8 de marzo no CEIP Os Tilos

Durante a xornada o alumnado participou activamente nas actividades propostas para conmemorar o día da muller. O final houbo premios para todas e todos polo esforzo realizado.

Escola de nais e pais do colexio de Calo

Ainda que a asistencia foi reducida, o obradoiro foi moi dinámico xa que as nais e o pai asistente estaban moi concienciados da problématica existente en torno a educación en igualdade

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas