A RED SOCIAL DO EMPREGO FEMININO
A fundación mulleres lanza unha web para aquelas que buscan traballo e para as emprendedoras. A páxina é:
www.activatenred.es e pretende ser un punto de encontro entre empresarias, emprendedoras e aquelas que queren traballar pero non atopan a forma de conseguilo. No terceiro trimestre do 2011 o desemprego afecta máis ás mulleres; neste período 114.000 mulleres perderon o emprego fronte a 32800 de homes. Este dato ten aínda máis relevancia se temos en conta que o 52,93% das mulleres entre 16 e 65 anos traballa fronte ao 67,64% dos homes.
Aínda que a rede social está dirixida a mulleres, tamén poden formar parte dela aqueles empresarios comprometidos ca igualdade. Ademáis, os cursos da Fundación Mulleres van dirixidos a mulleres maduras e con pouca formación que necesiten axuda para redactar os seus currículos. Alonxadas das novas tecnoloxías, aínda lles custa máis atopar traballo.
miércoles, 18 de enero de 2012
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
educar os nosos fillos e fillas
O CIM
O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario