martes, 24 de noviembre de 2009

Nesta semana celébrase o día internacional da eliminaicón da violencia contra a muller. No Concello de teo a Concellaría de educación, igualdade e benestar, xunto con CIM e a Concellaría de cultura organizarán unha serie de actos conmemorativos que son:
- Lúnes 23 no colexio da Ramallosa levarase a cabo unha representación que leva por título "mulleres científicas" dirixida ó alumnado de 1 e 2 de primaria. Haberá duas representacións, unha as 11 da mañá para o alumnado dos Tilos e de Calo e outra as 12:30 para o alumnado da Ramallosa. Ca representación o que se pretende é visibilizar o papel da muller na ciencia, un mundo do que sempre estuvo apartada. As nosas novas xeracións teñen que coñecer que tamén houbo mulleres cun papel moi importante no avance da sociedade.
- Marte 24: Na mediateca terá lugar unha charla que leva por título "Teo contra a violencia de Xénero" no que se falará do material audiovisual co que contamos para traballar tanto coa poboación en xeral coma cos diferentes colectivos que teñen un papel destacado na loita contra a violencia de xénero coma son: educación, sanidade e policía. Pola mañá terá lugar un obradoiro no IES para traballar este material co alumnado de 4º da ESO.
- Sábado 28: Terá lugar un recital poético musical e plástico na mediateca do grilo a cargo do grupo Oriol. Será as 21:00 horas e é aberto a toda a poboación.

Estas actividades se realizan de forma puntual para a conmemoración desta data tan importante, pero dende o CIM e a Concellaría de igualdade estase a traballar durante todo o ano para contribuir a que homes e mulleres vivan nunha sociedade máis xusta e igualitaria.

No hay comentarios:

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas