O pasado mércores 30 de setembro, as alumnas que están a realizar o curso de "atención a persoas dependentes" que se está a levar a cabo no Concello de Teo e que está subvencionado polo Servicio Galego de Igualdade e polo Fondo Social Europeo, foron a facer unha visita á residencia "Os Arcánxeles" que se atopa ubicada en Cacheiras.
Na visita, que durou dúas horas, o persoal do centro e a directora do mesmo, mostráronlle o xeito de traballar cas persoas que alí se atopan. Recorreron as instalacións acompañadas por unha enfermeira e unha traballadora social que lles amosaban a súa área de traballo.
O curso que están facendo capacítalles para poder traballar nestas residencias e polo tanto é necesario que coñezcan como se leva a cabo o traballo.
Moitas gracias a residencia "Os Arcánxeles"pola súa colaboración altruista con nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario