
O vindeiro 2 de novembro comeza no Concello de Teo un curso de habilidades prelaborais e busca activa de emprego. Está dirixido ás mulleres de Teo maiores de 16 anos e o que se pretende e dotalas das ferramentas axeitadas para facer unha búsqueda de emprego o máis efectiva posible.
O curso durará 20 horas en horario de 9:00 a 14:00 os días 2,3,4 e 5 de novembro e levarase a cabo na antigua aula de informática do Concello.
Para anotarse teredes que pasar polo CIM. É de balde.
Animádevos!!!

O vindeiro venres 30 de outubro terá lugar no Concello de Teo un Obradoiro de desenvolvemento persoal (autoestima). O obradoiro está dirixido ás mulleres do concello.
O horario do mesmo será de 16:30 a 20:30 na antigua aula de informática e para anotarse terás que chamar ao CIM ou pasarte directamente para anotarte.
A actividade é de balde.
Os obxectivos que se pretenden son:
- Descubrir as nosas fortalezas e aspectos positivos
- Saber recoñecer as nosas limitacións
- Análises das nosas posibilidades e reforzamento das mesmas
- Fomentar a autoestima
-Coñecemento da nosa personalidade
Animádevos xa que logo faremos un obradoiro máis longo para poder seguir traballando estos aspectos.

O vindeiro 30 de outubro terá lugar no Concello de Teo un obradoiro de Autoestima dirixido a todalas mulleres do Concello. O horario será de 16:30 a 20:30; é de balde.
Os obxetivos do obradoiro son os seguintes:
- Descubrir as nosas fortalezas e aspectos positivos
- Saber recoñecer as nosas limitacións.
- Análises das nosas posibilidades e reforzametneo das mesmas.
- Fomentar a autoestima.
- Coñecemento da nosa personalidade
Se estás interesada chama ó CIM, ao teléfono do Concello (981809707) ou ben pásate polo CIM para anotarte directamente.

O pasado mércores 30 de setembro, as alumnas que están a realizar o curso de "atención a persoas dependentes" que se está a levar a cabo no Concello de Teo e que está subvencionado polo Servicio Galego de Igualdade e polo Fondo Social Europeo, foron a facer unha visita á residencia "Os Arcánxeles" que se atopa ubicada en Cacheiras.
Na visita, que durou dúas horas, o persoal do centro e a directora do mesmo, mostráronlle o xeito de traballar cas persoas que alí se atopan. Recorreron as instalacións acompañadas por unha enfermeira e unha traballadora social que lles amosaban a súa área de traballo.
O curso que están facendo capacítalles para poder traballar nestas residencias e polo tanto é necesario que coñezcan como se leva a cabo o traballo.
Moitas gracias a residencia "Os Arcánxeles"pola súa colaboración altruista con nós.
O CIM
O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.